Escoitar

A festival Alternativo Alt inicia a súa andaina en escenarios e rúas de Vigo

O Festival Alternativo das artes escénicas de Vigo ponse a andar este xoves, 11 de marzo, en varios escenarios e rúas da cidade que por un espazo de tempo convertese nun referente do traballo experimental, a escena libre, os novos creadores e as linguaxes afastadas dos estereotipos mediáticos. O programa deste evento iníciase a partir das 14 horas no espazo entrada ó teatro da Cidade Universitaria coa posta en escena de Exstrada, da compañía francesa Etxea.

mércores, 10 mar 2010
1268217248cartelalt.jpg
O programa da novena edición do Alt continuará nas rúas da Vigo cunha nova representación da compañía Etxea que con Exstrada amosa como una performance pode interferir no ámbito da normalidade cotiá mediante a ruptura cos códigos corporais e de comportamento no espazo público. Desa maneira, os viandantes poden participar dun espectáculo de danza moi simplificado done non faltará o contacto co espectador.

A compañía Losquequedan, de Valencia, correspóndelle a actuación prevista as oito da tarde no Museo de Arte Contemporánea, na rúa Príncipe, mediante a representación de Bordon 8, unha peza na que interveñen cinco personas arredor da construcción dunha obra na que adquire un notable protagonismo a danza.

A xornada inaugural rematará na Casa das Artes, a partir das 21.30 horas, coa posta en escena de "Hier ju'ai collé des timbres e écrit des adresses à la matin", a cargo da compañía francesa Café Klash. Neste proxecto, un bailarín e un xograr confrontan as súas disciplinas ao redor da noción de
correspondencia, cuestionándose o seu carácter íntimo ou oficial, pero tamén, a súa
materialidade.

O programa do Alt seguirá ata o 20 marzo, e na xornada do venres inclúe unha conferencia e unha nova representación escénica. Hai que salientar, que nesta edición, como nas anteriores quérese amosar propostas de novos creadores galegos. Nesa dirección, a xornada do 19 marzo, aproveitando a visita de varios directores de outros festivais, está organizado un programa especial con tres traballos escénicos de Galicia.
Descargar todas as imaxes

Máis información