Escoitar

"Mostrarte" chega cunha exposición de pintura de Antón Goyanes

"De Campo Lameiro á Porta do Sol", do pintor Antón Goyanes, é o título da exposición aberta hoxe ao público nas dependencias da Alcaldía de Vigo, donde se poden ver unha serie de acrílicos sobre táboa que resaltan o viguismo do artista que con esa colección de cadros suma a número 12 das exposicións que se desenvolven no edificio do Concello baixo o nome de Mostrarte, outra maneira de achegar a xente en xeral a plástica que se fai en Vigo.

martes, 9 mar 2010
1268140895antongoyanes2.jpg
A obra de Antón Goyanes comezou a ser coñecida a partir da década dos setenta polo seu lirismo e cor que poñen de manifesto o deleite pictórico que produce arrimarse a unha plástica non exenta de certo academicismo con reminiscencias goyescas, segundo recoñece a crítica especializada en relación co traballo do pintor monfortino afincado desde hai anos en Vigo. O propio autor recoñeceu que os cadros expostos perteñecen a unha obra inacabada ou esgotada por si mesma, que nesta ocasión aínda que se recollen nun espazo singular non perden o seu atractivo.

Cultivador do matiz pictórico, Goyanes ofrece nas súas obras veladuras, efectos lumínicos, traballo con brocha e pincel, así como un amplo sentido da sensibilidade. A inauguración De Campo Lameiro á Porta do Sol foi inagurada ao mediodía de hoxe polo alcalde de Vigo, Abel Caballero , nun acto que contou coa presencia de membros do equipo de goberno municipal, artistas e público en xeral.

Abel Caballero puxo de manifesto que Goyanes nos leva a un percorrido polo goce do sinxelo e o encanto da delicadeza nun microcosmos que se inicia en Campo Lameiro, chega ao centro da cidade de Vigo, e se espalla tamén nas dependenzas da Alcadía, donde felicitou aos organizadores por chegar a docena de exposicións que, por outra banda, están tendo unha exclente acollida.


Descargar todas as imaxes