Máis de 4.600 persoas visitaron o xacemento do poboado do Castro no seu primeiro mes de apertura ao público
No primeiro mes de apertura ao público da musealización do poboado do Castro 4.624 persoas visitaron o xacemento. O concelleiro de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez, salientou a gran acollida que o recinto arqueolóxico está a ter, sobre todo, tendo en conta que é un espazo aberto e as condicións climatolóxicas foron adversas nestas últimas semanas.
Eudosio Álvarez considera que esta importante afluenza de público que se está rexistrando evidencia que entre os vigueses e viguesas existía un gran interese por coñecer unha parte fundamental da súa historia. O concelleiro nacionalista sinalou tamén que a resposta de visitante amosa que foi un acerto apostar polo proxecto de recuperación e posta en valor dese xacemento.
Tras un proceso de oito meses de traballo a musealización do poboado permite descubrir unha parte moi significativa da orixe da cidade. A área escavada, da que na actualidade se poden ver máis de 20 restos de edificación, é unha pequena parte do castro que ocuparía boa parte do monte sobre o que se asenta. Segundo os datos dispoñibles, foi habitado entre o século I a.C. e o século III d.C., momento no que os habitantes comezaron a trasladarse a un novo poboamento que xurde á beira do mar. Idea da extensión orixinal do asentamento a dá a cartelería instalada fóra do recinto pechado, entre a que destacan as siluetas dos castrexos.
O xacemento xestiónase como unha sala externa do Museo da Cidade "Quiñones de León". Os restos do poboado de O Castro pódense visitar en horario de mañá e tarde. En inverno estará aberto de 10 a 14 e de 16 a 18 horas e en verán de 10 a 13 e de 17 a 20 horas. A visita poderá ser libre ou guiada polo persoal que atende o xacemento. O percorrido guiado para grupos pódese concertar chamando ao teléfono 986 295 070, de luns a venres de 9 a 14 horas.
Descargar todas as imaxes