martes, 9 mar 2010
A concelleira de Benestar Social, María Méndez, fixo este martes balance do programa Sereos para a redución do dano correspondente ao 2009, ano no que foron atendidas 633 persoas nun total de 85.860 intervencións. A edil destacou a importancia do "traballo en rede" que se está a desenvolver na Concellería de Benestar Social para dar resposta ao problema da exclusión social.
martes, 9 mar 2010
A patrulla de Medio Ambiente e Intervención Rural da Policía Local de Vigo (UMIR) conta desde hoxe con catro novas motocicletas que se engaden o parque móvil de dito corpo no eido da vixilancia da natureza e cumprimento das normas de respeto ao medio ambiente no municipio.
martes, 9 mar 2010
No primeiro mes de apertura ao público da musealización do poboado do Castro 4.624 persoas visitaron o xacemento. O concelleiro de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez, salientou a gran acollida que o recinto arqueolóxico está a ter, sobre todo, tendo en conta que é un espazo aberto e as condicións climatolóxicas foron adversas nestas últimas semanas.
martes, 9 mar 2010
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e a concelleira de Normalización Lingüística, Iolanda Veloso, asistiron este martes ao pase da película Pérez II, do programa "Unha lección de cine" que se desenvolve nos Cines Yelmo CinePlex do centro comercial Travesía, e no que participan máis de 300 rapaces e rapazas en cada sesión. Os conceleiros destacaron que ata o final do programa 3.600 nenos e nenas participarán desta proposta, que une dun xeito lúdico cine e lingua.
martes, 9 mar 2010
O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, presentou hoxe a segunda edición do Circuíto de Carreiras Populares Cidade de Vigo, unha liga pedestre que para o concelleiro é "unha iniciativa que vén para quedar no tempo", xa que, segundo afirmou "cada vez hai máis xente que se pon unhas zapatillas e sae a correr". O edil subliñou na presentación que, polos premios, "o circuíto é único en todo o Estado". Como na edición de 2009, hai 9.200 euros en premios para os tres mellores de cada unha das dez categorías, cun máximo de 1.200 para o campión e para a campioa senior e un mínimo de 100 para o terceiro ou terceira clasificada.
martes, 9 mar 2010
"De Campo Lameiro á Porta do Sol", do pintor Antón Goyanes, é o título da exposición aberta hoxe ao público nas dependencias da Alcaldía de Vigo, donde se poden ver unha serie de acrílicos sobre táboa que resaltan o viguismo do artista que con esa colección de cadros suma a número 12 das exposicións que se desenvolven no edificio do Concello baixo o nome de Mostrarte, outra maneira de achegar a xente en xeral a plástica que se fai en Vigo.