Escoitar

Un pleno no Concello conmemora o Día Internacional da Muller

O Consello Municipal da Muller celebrou hoxe un pleno específico no salón de plenos do Concello de Vigo nunha sesión aberta ao público que serviu para que as representantes de nove asociacións expuxesen as traxectorias dos colectivos desde os seus inicios ata actualidade. A sesión enmarcouse dentro da conmemoración do 8 de marzo como Día Internacional da Muller, que continuará no resto do presente mes na cidade co desenvolvemento de outras actividades.

luns, 8 mar 2010
1268058979fotoplenoconsellopresidencia.jpg
O pleno estivo presidido pola titular do Consello Municipal da Muller, Iolanda Veloso Ríos, quen contou coa presencia na mesa presidencial das responsables da área da Muller en anteriores gobernos municipais, Ana Gandón Menduiña e Lucía Molares Pérez. Con anterioridade a intervencións das membras do Consello Municipal da Muller, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, deu a benvida as participantes no pleno e agradeceu a súa laboura a prol da igualdade non só o 8 de marzo, senón os 365 días do ano.

Iolanda Veloso, despois de recordar os avances producidos no eido da loita feminista, fixo referencia a que os cambios producidos durante os derradeiros cen anos cara a igualdade da muller foron posibles aos esforzos levados a cabo por mulleres e asociacións que na actualidade xa contan cun recoñecemento e admiración pola súa labora. Nese senso, animou a que no se baixe a garda e a seguir camiñando para non perder os dereitos e conquistas conseguidas ata agora, pois a pesar dos logros aínda queda moito polo que loitra, segundo Iolanda Veloso.

A presidenta do Consello Municipal da Muller deu voz a primeira intervención do pleno que foi protagonizada por Mónica Bar, de Feministas Independentes Galegas. Continuarán as representantes da Secretaría da Muller da CIG, Asociación de Mulleres Dorna, Rede de Mulleres Veciñais contra os malos tratos, Secretaria da Muller de CC.OO, Mulleres Progresistas de Vigo, Colectivo Violeta, Secretaría da Muller da UGT e Mulheres Nacionalistas Galegas.

As titulares das asociacións participantes na sesión plenaria forman parte do Consello Municipal, e foron expoñendo nas súas intervencións o nacemento e evolución do traballo desenvolvido que en determinados casos partiron da autoafirmación do movemento feminista en tempos da transición democrática ao traballo especializado en diferentes ámbitos relacionados coa igualdade. Nesa liña atopanse estudos e convocatorias especializadas en feminismo que convertiron a cidade de Vigo nun referente dese movimento a nivel estatal, como é o caso das Feministas Independentes Galegas que levan unha andaina de máis de 30 anos.

Tamén se escoitaron os avances producidos pola muller na conquista dun espazo e recoñecemento no terreo laboral, nos que afondaron as representantes das secretarías da Muller das centrais CIG, CC.OO e UGT, quenes insistiron nas súas intervencións que a recesión económica non debe ser excusa para que a crise golpe con máis forza as mulleres. A Asociación de Mulleres Dorna e a Rede de Mulleres Veciñais contra os malos tratos constituiron polas palabras das súas titulares a representacións máis claras do traballo desde os barrios en ambitos como a loita a prol da reafirmación da muller no ámbito social, cultural e económico e a loita contra a lacra da violencia doméstica.

Pola súa banda o Colectivo Violeta representa segundo quedou exposto no pleno o traballo a favor do laicismo, aborto libre, igualdade na escola e eliminación da prostitución, entre outros aspectos, que tamén están presentes en outras entidades que interviron por boca das súas titulares no Consello Municipal da Muller de hoxe, e que foron Mulleres Progesistas de Vigo, e Mulheres Nacionalista Galegas, que ademáis buscan un maior presenza de nomes de mulleres no rueiro vigués, a visualización das mulleres na vida pública, a colaboración con diferentes entidades e colectivos implicados na igualdade da muller e a atención a infancia para facilitar unha mellor integración das nais no traballo.

Trala a derradeira intervención, a presidenta do Consello Municipal da Muller de Vigo deu lectura a acta de decembro de 1992 na que se recollía a constitución da citada entidade. No Consello participan 20 entidades, entre as que figuran representantes de asociacións de mulleres, grupos políticos con representación municipal, secretarías da Muller dos sindicatos, a Concellería de Igualdade e o Servizo Galego de Igualdade da Xunta de Galicia.





1268058979fotoplenoconsellopresidencia.jpg
1268052738consellodamuller6.jpg
1268052756consellodamuller4.jpg
1268052775consellodamuller5.jpg
1268052800consellodamuller7.jpg
Descargar todas as imaxes