Escoitar

Vigo e Arxentina realizarán actos conxuntos na celebración dos seus respectivos bicentenarios

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou hoxe que o Concello de Vigo e o consulado da República de Arxentina en Vigo realizarán actos conxuntos nas celebracións dos seus respectivos Bicentenarios.

mércores, 10 mar 2010
1268237975consul.JPG
Así o asegurou o rexedor vigués tras reunirse co Cónsul de Arxentina en Vigo, Roberto Eduardo Budiño. No caso de Arxentina a finais deste mes celebrará o bicentenario da súa independencia na que contará, segundo as palabras de Abel Caballero, coa cooperación do Concello. "Estaremos presentes e formará parte da celebración que se fai en Arxentina, Bos Aires e os residentes arxentinos en Vigo", indicou.

Pola súa banda Arxentina incorporaráse á celebración do Bicentenario da cidade de Vigo, nos actos que terán lugar a finais do mes de outubre.
Descargar todas as imaxes