Escoitar

Iolanda Veloso anuncia que o luns se abre o prazo de incrición no programa "Tanto monta, monta tanto", con 135 prazas

A concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso, anunciou hoxe que o vindeiro luns, 15 de marzo, se abrirá o prazo de inscrición para participar na nova edición do programa "Tanto monta, monta tanto", que ten por obxectivo fomentar a corresponsabilidade doméstica e familiar. A concelleira afirmou que se trata dunha iniciativa que forma parte dos obxectivos do cuarto Plan de Igualdade que ten acadado unha gran aceptación e que nesta segunda edición oferta un total de 135 as prazas.

xoves, 11 mar 2010
1268312794tantomonta.jpg
"Con este programa queremos compensar a masculinización e feminización de determinados roles", salientou a concelleira de Igualdade. Iolanda Veloso explicou que os cursos dirixidos a mulleres están relacionados con actividades desenvolvidas maioritariamente por homes, como reparacións domésticas e mecánica do automóbil e o seu número de prazas é de 35. Respecto ao curso de reparación domésticas indicou que terá lugar no CIFP Valentín Paz Andrade do 8 de abril ao 25 de maio, e o curso de mecánica tamén será neste centro, pero do 12 de abril ao 26 de maio. Segundo a edil do BNG, o obxectivo destes cursos consiste en que as muleres "poidamos desenvolvernos de forma autónoma".

Destinados a homes, pola súa banda, Iolanda Veloso sinalou que se desenvolverán cursos sobre tarefas realizadas maioritariamente por mulleres, como cociña e tarefas domésticas, para os que hai un total de 30 prazas. Ao respecto indicou que esta edición do programa inclúe a novidade de que o curso de cociña ten nivel de perfeccionamento, polo que está destinado aos homes que xa fixeron o curso da edición anterior. O curso de cociña celebrarase na Aula Sísifo de Formación do 12 de abril ao 22 de maio, e o de tarefas domésticas tamén será neste centro, pero do 8 de abril ao 3 de xuño.

Iolanda Veloso explicou que o programa tamén inclúe dous cursos mixtos, cun total de 40 prazas, un sobre a comunicación e a solución de conflitos, e outro sobre o coidado das persoas dependentes. O curso centrado na comunicación desenvolverase do 19 de abril ao 12 de maio na Casa das Mulleres, e o que tratará sobre o coidado das persoas dependentes será do 13 de abril ao 20 de maio no Centro de Estudos de Povisa.

"Mentres as tarefas da casa sigan recaendo nas mulleres non se pode acadar a igualdade", apuntou a edil do BNG. Finalmente, en resposta aos medios Iolanda Veloso realizou unha valoración da edición anterior, e ao respecto asegurou que se cubriron todas as prazas "enseguida". Ao seu xuízo, isto demostra que hai "unha gran demanda", especialmente os cursos destinados aos homes, en particular o de cociña.
Descargar todas as imaxes