Escoitar
Anuncio de Educación

Solicitude de prazas nas Escolas Infantís Municipais (0-3 anos) para o curso 2010/2011

A Xunta de Goberno Local en sesión do 1 de marzo de 2010, aprobou as "Normas para a adxudicación de prazas nas escolas infantís municipais 0-3 (EIM) para o curso 2010/2011. O período de solicitude será do 15 de marzo ao 15 de abril de 2010

xoves, 11 mar 2010
Os impresos de solicitude facilitaranse nas propias escolas ou no Servizo de Educación do Concello de Vigo (Rúa Oporto, 1-2º).

Na páxina web do Concello (www.vigo.org) disporán da información necesaria e asi mesmo poderase descargar o impreso de solicitude de praza.

Listas provisionais: 24 de maio de 2010

A relación provisional de admisións e lista de espera publicarase no taboleiro de anuncios de cada escola e na web municipal e abrirase un prazo de reclamacións de 10 días.

As escolas infantís municipais son as seguintes:

ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL "SANTA CRISTINA" :
Enderezo: Rúa Santa Cristina, 1 (Lavadores)
Teléfono: 986 28 07 32

ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL "ATALAIA" :
Enderezo: Avd. Doña Fermina, 9 (subida á Guia)
Teléfono: 987 37 65 03

ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL "SANTA MARTA" :
Enderezo: Rúa Santa Marta, 38 (esquina rúa Torrecedeira)
Teléfono: 986 44 21 53

ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL "COSTEIRA" :
Enderezo: Baixada á Praia, 83 (Saiáns)
Teléfono: 986 49 86 77