martes, 23 xuñ 2009
Dende esta semana Vigo é unha das poucas cidades da costa atlántica e cantábrica que conta cun protocolo de actuación fronte á chegada de medusas. O pasado veràn Vigo foi lugar de paso de gran cantidade destes organismos e durante varios dias os bañistas puideron ver nas praias medusas.
xoves, 4 xuñ 2009
Co obxectivo de acadar a máxima participación cidadá nas mesmas, a Concellería de Medioambiente, Sanidade e Consumo decidiu hoxe o aprazamento das actividades previstas para este sábado ante as previsións metereolóxicas adversas.
venres, 29 mai 2009
A concelleira de Medio Ambiente, Chus Lago, presentou hoxe venres as de actividades que se levarán a cabo o sábado, 6 de xuño na praia de Samil, con motivo da conmemoración do Día Mundial do Medioambiente e os Océanos. As actividades constarán de cinco obradoiros de educación medioambiental e divulgación científica na praia.
xoves, 28 mai 2009
A "Distinción Temática en Salvamento, Socorrismo e Primeiros Auxilios" valorou a coordinación e o incremento do investimento da Concellería de Medioambiente. O servizo vigués de praias contou o pasado verán con novos sistemas de comunicación inalámbrica, máis seguridade e medios de prevención. Vigo recupera ademais para este 2009 a bandeira azul do areal de Argazada, co que a cidade contará este verán con sete distincións.
martes, 19 mai 2009
Chus Lago presentou este martes a campaña de acción para o control da colonia de gaivotas, xa iniciada fai tres semanas a demanda e que actuará de oficio nas próximas tres semanas nos aproximadamente 100 novos asentamentos. A Concellería remitirá cartas aos propietarios, editará 10.000 trípticos e un bando para informar á cidadanía co obxectivo de minimizas as molestias que xeran estes animais.
martes, 5 mai 2009
O pasado 26 de abril iniciouse o programa "Vigo Camiño a Camiño" da Concellería de Medio Ambiente, Sanidade e Consumo, e finalizadas as tres primeiras rutas cabe destacar, segundo palabras da concelleira Chus Lago, a altísima participación cidadá e gran demanda das mesmas -sobre todo nas visitas ao Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia-, acadando a cifra de 716 participantes en tan só tres días de actividades.
luns, 27 abr 2009
A nova edición do programa da Concellería de Medioambiente, o "Vigo Camiño a Camiño", iniciouse onte domingo levando de xeito gratuito a 200 vigueses a coñecer as Illas Cíes e a outros 300 á ruta Fragoselo-Saiáns. O segundo percorrido visitará O Galiñeiro o próximo domingo 3 de maio, e o prazo de inscripción deu comezo hoxe luns no teléfono 010.
mércores, 22 abr 2009
A concelleira de Medioambiente, Chus Lago, inaugurou este mércores unha xornada de carácter técnico, organizada pola Rede Española de Cidades polo Clima, na que presentaronse de xeito teórico e práctico ferramentas para a diagnose e reducción das emisións nos concellos e para a xestión da enerxía e do auga. <br />
luns, 20 abr 2009
O programa da Concellería de Medio Ambiente, Vigo Camiño a Camiño, abriu este luns as inscripcións para a primeira ruta as Illas Cíes. A través do teléfono de atención cidadá 010, as 200 prazas foron reservadas en 90 minutos; e aínda quedan prazas libres para a ruta Fragoselo-Saiáns, tamén o vindeiro domingo, 26 de abril.
venres, 17 abr 2009
O alcalde adiantou este venres que a Xunta de Goberno Local iniciará a vindeira semana a tramitación da declaración de Zona Protexida do entorno de Loriga, ao tempo da publicación da ordenanza contra o botellón no BOP. Abel Caballero agarda que o 10 de maio estea instalada a sinalización vertical e inicie a vixencia da normativa no entorno. <br />