Escoitar

Caballero presenta ao voitre leonado "Vigo", o primeiro animal criado en cautividade que será insertado na natureza

O alcalde, Abel Caballero, e a concelleira de Medioambiente, Chus Lago, acudiron hoxe mércores a VigoZoo para observar a "Vigo", o voitre leonado nado e criado no recinto municipal que pasará a voar en liberdade. Caballero felicitou aos "magníficos profesionais" e á edil polo seu traballo e resaltou o "proceso dun zoo moderno" que reinserta na natureza a animais en cautividade, e non á inversa, como é habitual.

mércores, 1 set 2010
1283346637buitre.jpeg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a concelleira de Medioambiente, Chus Lago, presentou hoxe mércores a "Vigo", o voitre leonado nado e criado en VigoZoo fai tres meses que convertirase no primeiro animal -os técnicos creen que de España- en ser reinsertado na natureza.

O socialista amosou o seu "orgullo" polo bo funcionamento do zoo vigués, dos "magníficos profesionais" que alí traballan e da propia edil. O alcalde explicou que o animal será trasladado a Mallorca, onde será entrenado para defenderse e posto en liberdade na mesma illa.

Vigo entra así no Programa Europeo de Cría en Cautividade de Especies Ameazadas, que na cidade olívica "está a dar bo resultado", apuntou Caballero, e que "imos continuar" no futuro. O alcalde agarda que este "éxito" da inserción na natureza dunha especia do zoo vigués poida ampliarse a outros animais.

O alcalde definiu como "o proceso dun zoo moderno" que VigoZoo sexa quen de criar especies en perigo e liberalas na natureza con garantias, cando o habitual é que suceda o procedemento contrario. Abel Caballero concluíu defendendo o papel do recinto vigués e dos seus profesionais e facendo un chamamento á Xunta de Galicia para colaborar no único zoo público de Galicia.
Descargar todas as imaxes