Escoitar

O alcalde asegura que estase a investir máis de 400.000 euros en reformar 13 centros educativos da cidade

Abel Caballero visitou hoxe mércores os traballos de ampliación do comedor escolar do Escultor Acuña, prácticamente rematados, e un dos 13 colexios que será reformado cos preto de 500.000 euros que destina o Concello para "melloras nos centros de ensinanza pública". O alcalde defendeu estas accións para poder así dar cobertura física a toda a demanda de bolsas de comedor que concede o goberno local, "máis de mil", cifrou Caballero.

mércores, 1 set 2010
1283346601acuna.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este mércores que o Concello está a investir "case medio millón de euros" en realizar melloras en 13 centros educativos públicos da cidade olívica.

Así o asegurou o alcalde nunha visita realizada aos traballos de ampliación do comedor do Escultor Acuña, obras case rematadas, que amosan o "compromiso moi forte que asumimos coa educación pública en Vigo".

Xunto a Escultor Acuña, Abel Caballero detallou que o Concello executa melloras nos centros de O Sello, Javier Sensat, Cristo da Victoria, Emilia Pardo Bazán, A Doblada, Cabral-Carballal, A Paz Tintureira, A Guía "Santa Tegra", Canicouva, Pintor Laxeiro, Igrexa Valladares e na Escola Municipal de Teatro.

Abel Caballero recoñeceu o traballo dos profesionais da educación pública de Vigo e dos pais e nais de alumnos que colaboran nas ANPAS, e recordou asemade que o Concello está a conceder "máis de mil" bolsas de comedor para todos os que o precisen, cifra que duplicouse pola crise en comparación cos últimos anos.

Por outra banda, o rexedor afirmou que o goberno local concede e vai conceder bolsas de comedor a todos os estudantes que o necesiten e recordou que o Concello está a construir tres novas escolas infantís que sumaranse ás catro municipais que operan actualmente na cidade.

O socialista reclamou da Xunta de Galicia que cumpra co compromiso acadado co propio alcalde de ampliar os comedores dos centros de Balaídos, Illas Cíes, Otero Pedraio, Frián, Teis, Pintor Laxeiro e Pombal, obras comprometidas polo conselleiro de Educación por valor de 800.000 euros das que executouse "cero", explicou Caballero.
Descargar todas as imaxes