venres, 3 set 2010
A Xunta de Goberno Local deu hoxe venres luz verde ao proxecto, que contempla un espazo de 10.500 metros cadrados de superficie divididos para nenos e xovenes de ata 16 anos, totalmente gratuito. O investimento municipal nesta dotación ascende a un millón de euros e nace coa vocación de converterse no "parque infantil e xuvenil máis importante de Galicia", asegurou Caballero.
venres, 3 set 2010
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e o concelleiro de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez, presentaron este venres o balance do primeiro proxecto do Concello de Vigo para rehabilitar a fachada marítima da Ribeira do Berbés. Segundo destacou o tenente de alcalde, o inicio desta rehabilitación comezará coa actuación en 4 inmobles, que xa teñen aprobada a axuda municipal, e outros 6 que previsiblemente se adherirán o vindeiro ano ao proceso.
venres, 3 set 2010
Abel Caballero e Rosa Fontaíña asinaron hoxe venres un convenio de colaboración que prorroga a cooperación do Concello coa entidade e abre a porta a unha amplicación da cantidade económica a aportar polo goberno local, no caso de ser preciso. Segundo explicou o alcalde, a Rede teme que a Xunta de Galicia reduza ou suprima a súa subvención a entidade, eventualidade que asumiría o Concello de Vigo.
venres, 3 set 2010
O evento terá lugar o domingo 5 de setembro as 19:00 horas, con entradas que oscilan entre os 8 e 15 euros, e que pretenden tender unha man a un país devastado polas inundacións. O acto, promovido por Unicef, conta co apoio da Alcaldía, Caixanova e coa colaboración de diversas entidades de Vigo coma a AAVV Calvario e a de artistas da talla de Moncho Borrajo, o paiaso Popín, Oswaldo Digón, Rudi Dudi, Alberto Cunha...
venres, 3 set 2010
O Punto Xove de López de Neira, que depende da Concellería de Xuventude, acolle a partir do luns unha exposición fotográfica sobre a paisaxe e a sociedade galega, do autor Diego Rodríguez. A mostra poderá visitarse nestas instalacións ata o 21 de setembro en horario de luns a venres de 9:30 a 14 horas e de luns a xoves de 17 a 20 horas.
venres, 3 set 2010
O Museo Quiñones de León organiza unha nova proposta do programa "Domingos de museo", dirixido a un público infantil e familiar. Trátase do obradoiro "Landriña viaxa ao interior das paisaxes", que comezará ás 11.30 horas do domingo 5 de setembro, e no que a mascota do museo presentará un novo itinerario temático que inclúe xogos e actividades.