Escoitar

O alcalde asistirá á presentación do musical do grupo vigués Cómplices

O espectáculo estréase en Madrid do 15 de setembro onde permanecerá ata xaneiro de 2011 no teatro Calderón para recalar despóis en Vigo. Abel Caballero recibiu a Teo Cardalda e María Monsonis para presentalo aos medios e agradeceulles que ocupen a escena dos musicais en toda España "coa sombra de Vigo detrás"

xoves, 2 set 2010
1283431742complices.JPG
Teo Cardalda e María Monsonís presentaron este xoves, xunto ao alcalde de Vigo, "Cómplices, el musical", creado a partir das cancións do dúo vigués, e que está escrito e dirixido por Andreu Castro baixo a dirección musical de Isaac Ordóñez.

Tal e como explicou o artista e Vigués Distinguido ,Teo Cardalda, o espectáculo estrearáse no teatro Calderón de Madrid o 15 de setembro ónde permanecerá ata xaneiro para volver despóis a terras viguesas. Abel Caballero alabou a capacidade artística de Teo Cardalda e de María Monsonis e agradeceulles o feito de que volvan a situar a Vigo no panorama musical nacional.

O rexedor socialista destacou que se ben, se intentou que a estrea tivera lugar na nosa cidade non foi posible, aínda que sí avanzou que o vindeiro ano estará en Vigo.


Cómplices, o musical
A trama do musical baséase na historia de David e Matilde, dous anxos que viven felices o seu amor no ceo, pero ela soña con reencarnarse e vivir mil aventuras, viaxar, aprender, equivocarse, volver namorarse; en definitiva, desexa unha nova vida na que poder empezar de cero xunto a David. Faciendo oídos xordos aos consellos do seu mellor amigo Aquarius, e sabendo que, segundo a lei celestial, unha vez reencarnados non poderán lembrar nada da súa vida no ceo nen do seu amor, acuden á oficina das ánimas para emprender esta nova vida na terra.

Nerbargantes San Pedro, o que leva estes trámites está de vacacións e no seu lugar está Lucas, un funcionario en prácticas que ao desanxelalos comete un grave erro... e vinte anos despóis, na
terra, as cousas complícanse.

O musical amosa a esperanza e a posibilidade de atopar o amor e a alma xemelga superando todas as barreiras socioculturais que xurden no camiño e amosando así que a raza, o sexo, a edade... non son un obstáculo para acadar a felicidade.

O reparto está formado por Borja Voces, María Virumbrales, Pablo Perea, Ángel Muñíz, Belinda Washington, Anes León, Sara Grávalos, Diego Falcón, Naike Ponce, Andrés Scarioni, Alee Nieto, David Tortosa, Imán Padellano, Yaiza Bautista e Sibón.
Descargar todas as imaxes