luns, 30 ago 2010
O alcalde visitou este luns os traballos de humanización de Tomás Alonso, entre a curva de San Gregorio e a Praza da Industria, 1,2 millóns de euros que dan continuidade á primeira fase xa rematada entre Peniche e a devandita Praza. Abel Caballero salientou o "magnífico equilibrio" acadado cos veciños para poder anchear as beirarrúas, manter a dobre dirección e conservar un importante número de aparcamentos na zona.
luns, 30 ago 2010
O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, fixo este luns un chamamento a presenciar o Trofeo Cidade de Vigo de Fútbol Sala, que se celebrará este mércores ás 21 horas entre F.C. Coruxo e o Lobelle Santiago na pista central do polideportivo de As Travesas. Avanzou que ás 18 horas, na coñecida como "pista vermella" deste polideportivo, terá lugar un campus de fútbol sala gratuito, destinado a fomentar a práctica deste deporte entre os rapaces.
luns, 30 ago 2010
O director da formación musical mantivo este luns unha entrevista con Abel Caballero na Alcaldía a quen cursou unha invitación para participar na programación da Coral con motivo do 25 aniversario da súa fundación. O alcalde confirmou a súa presenza e animou a todos os movementos culturais da cidade a "que conten con nós" para as súas actividades.