Chus Lago presenta "Coñecendo a nosa ría", un novo programa gratuíto de educación ambiental para 200 nenos
O vindeiro 26 de setembro e o 3 de outubro, a Concellería de Medio Ambiente organiza un grupo de actividades para un máximo de 100 participantes por día, entre os 8 e os 17 anos, nas que aprenderán as nocións básicas de navegación en vela lixeira e kaiak, as principais características da ría e finalmente poderán levar a cabo unha solta das especies máis significativas a cargo de oceanógrafos e biólogos.
Nesta nova actividade de educación ambiental, a Concellería de Medio Ambiente ten coma obxectivos dar a coñecer á poboación infantil a riqueza natural da ría de Vigo e fomentar a práctica de actividade saudable en medios de desprazamento que non contaminen o entorno.
A Concellería que dirixe Chus Lago dispón para esta acción educativa dun equipo de 22 profesionais da oceanografía, a bioloxía, monitores de navegación e socorrismo, xunto a máis de medio centenar de embarcacións e kaiaks, e equipamento de seguridade para cada un dos participantes.
A inscrición para a primeira xornada de "Coñecendo a nosa ría" está xa aberta no teléfono gratuíto municipal 010, onde pode reservarse praza ata formalizar a mesma. Cara ao segundo domingo do programa, o prazo de solicitude ábrese o próximo luns, 27 de setembro.
Segundo explicou Lago en rolda de prensa, a día de hoxe son xa medio centenar as reservas de prazas para a actividade deste domingo, 26 de setembro.
Cronograma previsto
-08:30 horas: convocatoria na Praza do Rei.
-08:45 horas: saída nos autocares de Vitrasa.
-09:00 horas: chegada á praia de A Punta.
-09:00 a 09:30 horas:
-Reunión de todos os participantes
-Formación de grupos
-Formación a cargo dos monitores de vela lixeira e kaiak
-Explicación de medidas de seguridade e colocación de chaleco
-09:30 a 11:30 horas: navegación en vela lixeira e kaiak, según os grupos
-11:30 a 13:30 horas: cambio de actividade (vela lixeira por kaiak e viceversa)
-13:30 a 14:00 horas:
-Entrega e explicación de material con información gráfica sobre a ría e a súa riqueza ambiental
-Formación de grupos
-Explicación da especie a soltar e o seu habitat, a cargo de oceanógrafos e biólogos
-14:00 horas: subida aos autocares de Vitrasa e desprazamento á Praza do Rei
-14:30 horas: chegada á Praza do Rei e finalización da actividade.
Recursos humanos que participan
-1 coordinador do programa
-9 monitores para a actividade de navegación
-1 patrón e socorrista para a vixianza e salvamento dende a embarcación de Protección Civil
-11 biólogos e oceanógrafos para a actividade final de solta de especies e coñecemento do seu hábitat
Recursos materiais empregados
-5 Embarcacións a motor de control, apoio e salvamento
-5 embarcacións tipo Omega e F-550
-16 embarcacións tipo Optimist
-25 kaiaks
-Chalecos salvavidas para todos os participantes
-250 soportes gráficos da ría de Vigo
-Material didáctico, emisoras de VHF, etc.
Inscrición nas actividades
A actividade é totalmente gratuita.
Dado que os participantes son menores de idade, son os pais, nais ou titores quen formalizarán a inscrición, cos seguintes requisitos:
1.- Reserva de praza chamando ao 010 e facilitando os seguintes datos dos participantes:
-Nome completo
-DNI
-Data de nacimento
-Talla de torso (para o chaleco salvavidas)
2.- Recoller o formulario de autorización:
A)- En persoa no departamento de Medio Ambiente, no segundo andar do Concello de Vigo
B)- Descargando o formulario dende a páxina web:
-www.vigo.org
-Acceso ao link do CAMIÑO A CAMIÑO
-Acceso ao "Programa e máis"
-Acceso ao programa "Coñecendo a nosa ría"
-Descarga de autorización para os participantes
3.- Entrega da autorización debidamente cumprimentada e asinada aos monitores no momento da subida aos autocares de Vitrasa.
Cuestións importantes relacionadas coa inscrición
-Para inscribirse e realizar a actividade é obrigatorio saber nadar
-Cada participante poderá inscribirse na xornada que lle interese (26 de setembro ou 3 de outubro), sendo obrigatorio tramitar a inscripción a través do teléfono do servicio de atención ao cidadán 010.
-A inscrición comeza o luns anterior a cada xornada (luns 20 de setembro para a xornada do 26, e luns 27 de setembro para a xornada do 3 de outubro)
-Os participantes desprazaranse en autocares de Vitrasa sen familiares ou acompañantes. Dende o inicio á finalización da actividade estarán acompañados polos monitores de cada actividade.
-Os participantes deberán traer roupa cómoda para a actividade, sen mochilas ou pertenzas persoais que poidan mollarse. O máis axeitado é levar un calzado pechado (zapatillas de deporte por exemplo), pantalón longo cómodo e unha camiseta e sudadera por se vai frío. Se o día está despexado é recomendable que leven unha gorra e protector solar.
-Ante calquera dúbida, poden consultar sobre a organización e realización da actividade no servicio de atención telefónica 010 ou no 680 554928.
Descargar todas as imaxes