luns, 20 set 2010
O alcalde, Abel Caballero, informou hoxe luns da decisión tras manter unha reunión cos técnicos municipais e constatar que a rotonda da Gran Vía, á altura de Tarragona e o centro comercial, non está a dar resultado. O Concello testará un novo sistema regulado por semáforos que dará maior prioridade aos vehículos que circulan pola Gran Vía sobre os accesos á mesma.
luns, 20 set 2010
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, mantivo hoxe unha xuntanza coa directiva do mercado do Progreso para avaliar o inicio das obras que cun investimento de 4,5 millóns de euros van permitir a completa reforma e modernización das instalacións. O nacionalista explicou que estes encontros manterase periodicamente mentres duren os traballos para ir poñendo en común as necesidades que podan ir xurdindo "nunha reforma tan importante como a que acabamos de iniciar".
luns, 20 set 2010
O alcalde, Abel Caballero, fixo entrega este luns dun agasallo institucional a Aida Fernández e Antonio Padín, investigadores do CSIC, en recoñecemento polo "índice de impacto de calidade máis elevado do mundo" que recibíu o seu estudo sobre a afección dos condicionantes ambientais na cantidade e calidade do marisco da Ría de Vigo. A súa investigación foi editada en prestixiosas publicacións internacionais.
luns, 20 set 2010
O alcalde de Vigo agradeceu este luns a "cooperación" dos veciños e veciñas da cidade, que ceden gratuitamente parte dos seus terreos para que o Concello poida construir beirarrúas. Caballero estimou en 2.000 metros cadrados os espazos permutados, un dos cales fixo posible a construcción de beirarrúas na baixada a Saiáns, proxecto modificado este luns na Xunta de Goberno Local.
luns, 20 set 2010
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e o concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, mantiveron hoxe unha xuntaza co presidente do Celta, Carlos Mouriño, e o vicepresidente Ricardo Barros, para analizar a situación dos proxectos da remodelación do estadio de Balaídos e da cesión do campo de Barreiro para uso dos equipos de Lavadores. Santi Domínguez explicou que a reforma de Balaídos está pendente da decisión sobre a sede do Mundial do 2018 ou 2022 á candidatura ibérica España-Portugal e anunciou que se están producindo avances con respecto a Barreiro.
luns, 20 set 2010
Vigo acollerá desde mañá o Trofeo Mundial de Acordeón, que reunirá na cidade a 70 participantes. Os mellores intérpretes desta modalidade chegados de 18 países, entre eles China, Rusia, Austria, Sudáfrica ou Nova Zelanda, ofreceran ata o vindeiro sábado o mellor do repertorio musical de acordeón.