Santi Domínguez terá reunións periódicas coa directiva do mercado do Progreso para facer seguimento das obras
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, mantivo hoxe unha xuntanza coa directiva do mercado do Progreso para avaliar o inicio das obras que cun investimento de 4,5 millóns de euros van permitir a completa reforma e modernización das instalacións. O nacionalista explicou que estes encontros manterase periodicamente mentres duren os traballos para ir poñendo en común as necesidades que podan ir xurdindo "nunha reforma tan importante como a que acabamos de iniciar".
"Neste caso, como sempre facemos coas nosas obras, quero manter un contacto directo coas persoas afectadas para mantelos informados do avance dos traballos e recoller tamén as súas reivindicacións", sinalou. Santi Domínguez explicou aos representantes do mercado do Progreso que na actualidade estase procedendo ao picado e impermeabilización da praza superior, pasos previos a instalación do mercado provisional onde se instalará o mercado mentres durante as obras no interior.
O tenente de alcalde indicou que está previsto que en xaneiro se trasladarán os postos ao mercado provisional para iniciar o proxecto de execución de reforma interior do mercado no mes de febreio. A partir desa data o prazo de execución das obras será de 14 meses. Unha vez finalizada a reforma do mercado, cando se trasladen ao interior os postos, quedará unha última fase de obras que consistirá na reforma da praza.
Descargar todas as imaxes