venres, 24 set 2010
O alcalde visitou hoxe venres os traballos de construcción da rotonda que albergará a escultura conmemorativa do Bicentenario, no cruce entre Marqués de Alcedo, Venezuela e Camelias, e indicou que esta terá como base unha fonte que conxugará auga, pedra e pizarra. Na dotación, que xa "funciona moi ben" co balizamento provisional, o Concello investirá 100.000 euros incluíndo a ornamentación.
venres, 24 set 2010
O alcalde, Abel Caballero, informou hoxe venres da adxudicación por parte da Xunta de Goberno Local do aluguer de maquinaria para o servizo de Vías e Obras do Concello, 850.000 euros para bombas de drenaxe, mangueiras, carretillas, hidrolimpadoras... que permitirá "potenciar e mellorar" as actuacións do Concello nos viais da cidade, sinalou Caballero.
venres, 24 set 2010
O alcalde de Vigo, acompañado polos concelleiros de Deportes, Participación Cidadá e Servizos Xerais, participou na tarde do pasado mércores do acto de presentación do Rápido de Bouzas da vixente tempada, con xogadores de todas as categorías, staff técnico e familiares dos futbolistas.
venres, 24 set 2010
O Punto Xove de López de Neira acolle do vindeiro luns 27 de setembro e ata o 12 de outurbo unha mostra que leva por nome "Series fotográficas sobre Vigo e Londres", de Fernando Conde Lamas. A exposición poderá visitarse nestas instalacións da Concellería de Xuventude en horario de luns a venres de 9:30 a 14 horas e de luns a xoves de 17 a 20 horas e se completará cunha proxección o xoves 7 de outubro ás 19 horas.
venres, 24 set 2010
A mascota do Museo Quiñones de León, Landriña, acompañará aos visitantes nunha nova proposta do programa "Domingos de museo", que terá lugar o vindeiro domingo, 26 de setembro. Nesta ocasión, Landriña propón un percorrido polas esculturas do Museo da Cidade, que se completará cun obradoiro no que os participantes poderán realizar as súas propias obras de arte.