Landriña propón para o vindeiro domingo un percorrido polas esculturas do Museo de Castrelos
A mascota do Museo Quiñones de León, Landriña, acompañará aos visitantes nunha nova proposta do programa "Domingos de museo", que terá lugar o vindeiro domingo, 26 de setembro. Nesta ocasión, Landriña propón un percorrido polas esculturas do Museo da Cidade, que se completará cun obradoiro no que os participantes poderán realizar as súas propias obras de arte.
"Domingos de museo" está dirixido a un público infantil e familiar e nel poden participar ata un máximo de 15 nenos e nenas cun máximo de dous acompañantes. O itinerario temático comeza ás 11:30 horas e ten unha hora de duración. Os familiares que acompañan ás e ós menores poden participar desta actividade ou deixalos ao coidado do persoal educador.
O museo tamén organiza visitas guiadas ao pazo, que se desenvolven os domingos ás 12.30 horas. Ademais de coñecer a súa historia e algunha das súas curiosidades, o percorrido inclúe unha visita ás torres. Asemade é posible participar nas visitas guiadas ao xacemento da Villa Romana de Toralla, que se desenvolven de martes a domingo de 12 a 20 horas. O percorrido polo xacemento de O Castro, pola súa banda, son de martes a domingo de 10 a 13 horas e de 17 a 20 horas.