Escoitar

Vigo presenta os seus programas de dinamización lingüística nas xornadas do Consello da Cultura Galega

No marco dos XII Encontros de Normalización Lingüística organizados polo Consello da Cultura Galega o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo presentou hoxe un panel que recolle os programas de dinamización lingüística dirixidos á poboación infantil e xuvenil así como mostra de material que se achega aos participantes nas actividades dinamizadoras.

xoves, 23 set 2010
1285245837Normalizacion.JPG
A concelleira de Normalización Lingüística explicou que nestas xornadas tamén se deron a coñecer novos proxectos do servizo "para a achegarlles a lingua galega aos máis novos nos tempos de lecer para que xoguemos aprendendo e aprendamos xogando".

As propostas de Vigo presentanse dentro do proxecto Proxecta, un espazo de mostra dos servizos e das iniciativas normalizadoras que dende institucións, empresas e administracións se realizan en Galicia. Os encontros que se están desenvolvendo na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago son un foro anual de reflexión, estudo e debate dirixido a profesionais, docentes e estudosos da normalización lingüística e a interesados na problemática e nas políticas lingüísticas en Galicia.
Descargar todas as imaxes