Escoitar

O alcalde anima á cidadanía a "racionalizar" o uso do transporte no Día Europeo sen Coche

Este mércores, 22 de outubro, Europa celebra o día sen coche, data pola que Abel Caballero animou á cidadanía viguesa a desprazarse a pé en traxectos curtos ou en autobús en percorridos máis longos e, en caso de empregar o vehículo privado, utilizalo de modo efiente pois o aforro pode chegar ao 15% do combustible.

mércores, 22 set 2010
1285159089transporte.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, animou hoxe mércores á cidadanía viguesa a "racionalizar" o uso do transporte e, no caso de empregar o vehículo propio, facelo de forma eficiente pois o aforro pode acadar o 15% do combustible.

No Día Europeo sen Coche, Caballero desprazouse camiñando ata Peniche onde recomendou o paseo para traxectos curtos e o transporte colectivo para os longos, e axudar así a reducir as emisións de gases de efectos invernadoiro.

Este mércores, 22 de outubro, o Concello dispuxo de xeito gratuito nove liñas do VITRASA para sumarse á celebración do Día Europeo sen Coche. O primeiro edil invitou á cidadanía a empregar estes servizos durante a xornada.

Humanizacións
Abel Caballero visitou hoxe mércores Peniche, na unión entre López Mora e Pi y Margall, por ser este un "punto equidistante" entre o inicio da Avenida de Galicia, en Teis, e a Avenida de Samil, traxecto de "case 11 quilómetros" que pode ser percorrido íntegramente por rúas humanizadas. "En Vigo da gusto camiñar", afirmou.

Xunto a este motivo, a visita a Peniche débese a que nun radio de quilómetro e medio aproximadamente o Concello investíu sobre os 12 millóns de euros en humanizacións, incluíndo as de López Mora e Pi y Margall, Torrecedeira e os distintos tramos de Tomás Alonso.

Abastecemento
Na súa visita, o alcalde recordou o estado de "cochambre" no que atopábase a rede de abastecemento de auga na rúa Pi y Margall, redes soterradas que coa humanización en marcha serán renovadas.

Sobre esta cuestión, o alcalde anunciou que encargará a Aqualia -a xestora do ciclo da auga en Vigo- un "plan de choque" para mellorar o abastecemento naquelas zonas que o necesiten con urxencia.

Segundo explicou, rúas como Camelias presentan "condicións lamentables", con rupturas nas tuberías "cada mes e medio" e "cortes continuos de abastecemento". Abel Caballero adiantou que solicitará da empresa un plan de actuación para "resolver definitivamente" en cinco ou seis meses o "servizo deficiente" da actualidade na Avenida.
Descargar todas as imaxes