O tenente de alcalde anuncia que o Convention Bureau sumará aos tres congresos xa pechados tres máis en 2011
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, anunciou hoxe aos socios do Vigo Convention Bureau (VCB) que a fundación ten xa pechados a celebración de dous novos congresos que se celebrarán no mes de marzo e están moi avanzadas as negociacións para conseguir outro que se celebraría no mes de outubro. Estes tres eventos súmanse aos tres xa anunciados e a xuízo do tenente de alcalde poñen de manifesto o bo traballo que se está a desenvolver desde este organismo a prol da desestacionalización do turismo.
Santi Domínguez considera que "os froitos" que está a dar o Vigo Convention Bureau no seu primeiro ano de andaina demostran que "Vigo ten potencial para atraer turismo de congresos e que era necesario un organismo como este para aproveitar ese potencial". Neste tempo de traballo a fundación conseguiu para Vigo a celebración do Congreso da Confederación Española de Centros de Ensino Privado, que se celebrará o vindeiro mes de outubro, e xa para 2011 terá lugar a reunión Internacional de Medicina Xeral e de Familia en marzo, que reunirá a máis de 3.000 persoas, e en abril o congreso internacional de touroperadores MITM Euromed, con máis de 200 profesionais.
O tenente de alcalde dixo que os contactos realizados ata o momento continúan xerando resultados e xa están pechados outros dous congresos para o mes de marzo. Aínda que dixo que só resta asinar os contratos e será entón cando se fagan públicos, si apuntou que cada un deles reunirá ao redor de 300 persoas. O nacionalista adiantou que tamén existen negociacións para conseguir para o mes de outubro unha reunión na que participarían entre 1.500 e 1.800 asistentes.
O tenente de alcalde mantivo hoxe unha reunión cos representantes das empresas viguesas asociadas ao Vigo Convention Bureau que superan xa as 70. O encontro permitiu facer un repaso do traballo realizado ata o momento e recoller as suxestións dos socios para futuras accións. "O VCB ten vocación de conseguir que sexamos quen de vertebrar unha acción conxunta entre todos os sectores que estamos implicados no turismo", asegurou.
Santi Domínguez salientou que a actividade desenvolvida polo VCB pode traer a Vigo o vindeiro ano a máis de 5.000 persoas a través do turismo de congresos. "É importante seguir nesta liña e en colaboración co sector para seguir promocionando Vigo e conseguir a desestacionalización do turismo", afirmou.
O responsable de Turismo do Concello de Vigo explicou que tamén se está traballando na liña da promoción e ás actividades xa desenvolvidas ao longo de esta ano sumaranse novas iniciativas en Barcelona, Porto, París e Bruxelas. Igualmente apuntou que existe tamén a posibilidade de desenvolver unha acción en Estados Unidos.
A preguntas dos xornalistas sobre a repercusión que terá a apertura do Auditorio-Pazo de Congresos para o labor que desenvolve o VCB, Santi Domínguez explicou que terá un papel moi importante para completar a oferta de espazos que se ofrecen para a celebración de eventos. Dixo que sen dúbida vai ser unha ferramenta importante para competir con outras cidades na consecución de novos congresos e indicou que os organizadores dun dos congresos que se está pechando amosou xa a súa preferencia polo Auditorio para a súa celebración. A este respecto, explicou que son os organizadores os que elixen a ubicación entre toda a oferta que ten Vigo de espazos, tendo en conta cales se adaptan mellor as necesidades que ten o congreso.
Descargar todas as imaxes