Escoitar

O alcalde recibíu aos alumnos do buque escola Älva, procedente de Estocolmo

Abel Caballero recibíu hoxe aos máis de 30 alumnos e alumnas do velero escola , que chegaron onte luns á cidade onde permañecerán ata o vindeiro xoves. O Älva é un buque escola que ten como base o Marina Läroverket (Instituto Maríno), un centro de ensino de Estocolmo estreitamente ligado ao mar.

martes, 21 set 2010
1285071972suecos.jpg
Os estudantes cursan o bacharelato en tres programas diferentes: Bioloxía Marina, Comunicación e Liderádego, e máis Enxeñeiría Marítima. Todos realizan unha travesía no buque do Instituto, o Älva, de 25 días de media, relevándose por etapas durante o periplo transoceánico do navío.

Esta combinación de estudo e traballo a bordo, xunto coas visitas de estudo programadas durante a travesía permítelles aos alumnos e alumnas compaxinar a formación libresca coa experiencia directa sobre a vida real.

Veñen da illa de Gernsey (UK) e o próximo xoves pola tarde partirán cara Oporto onde se producirá o cambio do grupo de estudantes. O novo grupo cruzará o Atlántico, cara América.
Descargar todas as imaxes