Escoitar

O alcalde eloxia o novo paseo da Avenida de Europa, "unha das obras con máis éxito da cidade"

Abel Caballero inaugurou este luns formalmente o paseo da Avenida de Europa ata Samil, onde construíse unha beirarrúa con áreas de descanso, arborado, alumeado e bancos cun investimento de 500.000 euros. Esta obra foi realizada por 30 traballadores do programa de emprego municipal Vigo Ornamental, como parte da súa formación laboral, e o alcalde indicou que o firme é como o da Praza do Comercio de Lisboa.

luns, 20 set 2010
1284987253europa.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este luns formalmente o novo paseo da Avenida de Europa, mellora que definñiu como "unha das obras con máis éxito da cidade".

O Concello, a través da Concellería de Vías e Obras e dos plans de emprego municipais, construíu na marxe esquerda do paseo en dirección a Samil unha beirarrúa con novo alumeado, arborado e áreas de descanso en granito con bancos, complementada coa recuperación dunha fonte.

O alcalde cifrou en medio millón de euros o custo desta obra, ao que sería preciso sumar os 30 traballadores que a levaron adiante, procedentes do programa de emprego municipal Vigo Ornamental, dentro da súa formación teórica e práctica dun ano.

"O modelo de firme está copiado da Praza do Comercio de Lisboa", explicou Caballero, un sistema satisfactorio que "con toda probabilidade" o Concello exportará a outras zonas da cidade. "O resultado supera todo o imaxinable", concluíu o socialista.
Descargar todas as imaxes