Este domingo Landriña aprende os oficios e labores no seu percorrido polo Museo da Cidade
O Museo da Cidade "Quiñones de León" continúa cos seus "Domingos de Museo", onde se poderá seguir gozando da visita dinamizada para nenos e nenas e familias e das visitas guiadas para público en xeral. Este domingo Landriña propón unha divertida ruta polo museo na que a través dos cadros da colección de pintura galega os visitantes descubrirán oficios e labores representados nos cadros do museo.
Landriña explicarán como durante moito tempo, ademais de retratos e paisaxes, os pintores galegos querían contar como e de que vivían as xentes da nosa terra, por iso nos seus cadros atopamos traballadores dos que imos aprender moitas cousas. Para guiar aos visitantes no percorrido Landriña ten preparado un xogo de pistas, con imaxes e xogos de palabras, a través dos que descubriranse os cadros cos que despois xogarase ao xogo dos oficios, onde a través de mímica, as persoas participantes terán que representar algún dos oficios que aparecen nas obras da colección e os demais deberán ser quen de adiviñalo.
Esta iniciativa do Museo da Cidade iniciarase ás 11:30 horas e ten unha duración dunha hora. Os familiares que acompañan ás e aos menores poden participar desta actividade ou deixalos ao coidado do persoal educador. Estas actividades son totalmente gratuítas. O número máximo de participantes é de 15 nenos e nenas cun máximo de dous acompañantes.