mércores, 15 set 2010
O alcalde reuníuse este mércores cos responsables da "feira de conxelado máis importante do mundo", que terá lugar no IFEVI do 5 ao 7 de outubro, datas nas que Caballero confía que poida estar operativa a primeira fase do novo aparcamento do aeroporto, con capacidade para 800 prazas. Caballero asegurou que poderase acceder a pé desde Peinador ao recinto e definiu a Conxemar como "o Xacobeo de Vigo" pois completa a oferta hoteleira de toda a provincia.
mércores, 15 set 2010
Abel Caballero presentou hoxe mércores o "climabús", un autobús itinerante ubicado na Porta do Sol ata mañá xoves -o venres estará na Cidade Universitaria- e equipado cunha mostra didactica co obxectivo de sensibilizar e concienciar á cidadanía sobre o cambio climático. A iniciativa foi posta en marcha pola Fundación Oxígeno en colaboración co Ministerio de Medioambiente.
mércores, 15 set 2010
A segunda edición do Medio Maratón Cidade de Vigo xa está en marcha. O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, presentou hoxe o evento xunto co organizador, Omar Lorenzo, e os patrocinadores privados, Ibercaja e Coca-Cola. A carreira atlética, tamén pertencente ao Circuíto Cidade de Vigo de carreiras populares, está programada para o vindeiro día 26, con peche de inscrición o día 22. O prezo para participar será este ano de 10 euros e a organización, Prime Time, aspira a ter en liña de saída a uns 450 deportistas.
mércores, 15 set 2010
O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, recibiu hoxe aos equipos infantís masculino e feminino do Seis do Nadal-Coia de baloncesto, protagonistas dunha grande final da tempada pasada. O Seis do Nadal meteuse por vez primeira na súa historia nunha fase final do campionato estatal masculino e as mozas chegaron ata o interautonómico.
mércores, 15 set 2010
O vindeiro venres o alcalde de Vigo pechará o acto que se celebrará no Auditorio de Caixanova desde as 09:30 da mañá. A xornada sobre emprego e medioambiente, promovida pola Concellería de Promoción Económica, Emprego e Participación Cidadá, organízase para difundir os resultados do proxecto Vigo Medio natural, impulsado polo Ministerio de Medioambiente e a Fundación Biodiversidad