Escoitar

O alcalde presenta o "climabús", unha campaña para informar e concienciar dos efectos do cambio climático

Abel Caballero presentou hoxe mércores o "climabús", un autobús itinerante ubicado na Porta do Sol ata mañá xoves -o venres estará na Cidade Universitaria- e equipado cunha mostra didactica co obxectivo de sensibilizar e concienciar á cidadanía sobre o cambio climático. A iniciativa foi posta en marcha pola Fundación Oxígeno en colaboración co Ministerio de Medioambiente.

mércores, 15 set 2010
1284564434climabus.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou hoxe o autobús itinerante "climabús: non cambies o clima, cambia tí", unha mostra didáctica itinerante para concienciar á cidadanía sobre o cambio climático.

A iniciativa, posta en marcha pola Fundación Oxígeno en colaboración co Ministerio de Medioambiente, tivo hoxe mércores a súa primeira xornada dos tres días que estará en Vigo, hoxe e mañá xoves na Porta do Sol e o venres na Cidade Universitaria. Abel Caballero avogou por "potenciar este tipo de actuacións" para incrementar a conciencia cidadá sobre os efectos adversos do cambio climático. O alcalde amosou a súa preocupación porque "a crise económica non pode ser un argumento que faga baixar a guardia na loita contra o cambio climático".

Os obxectivos que se pretenden alcanzar coa presente campaña son informar e educar aos cidadáns sobre as causas e consecuencias do cambio climático e a necesidade de actuar ante el, promover actitudes positivas e participativas para diminuír o cambio climático, aproximar ao coñecemento da poboación o problema do cambio climático, conseguir cambios de conduta e de hábitos na sociedade que axuden a paliar o problema do cambio climático e do esgotamento dos Recursos Naturais e crear conciencia sobre os cada vez maiores problemas ambientais, sociais e económicos que xera o uso abusivo dos combustibles fósiles.

O autobús conta e o seu interior cunha exposición didáctica formada por 17 paneis onde se mostran as causas, consecuencias e posibles solucións a adoptar ante o problema do cambio climático. Ademais conta cunha proxección audiovisual constante onde se poden ver distintos vídeos que tratan esta problemática. Tamén esta equipado con dous computadores para navegar por distintos enlaces Web a preto deste tema. Inclúe tamén un punto de información e documentación con revistas, folletos e outra documentación para que os visitantes póidana consultar.
Descargar todas as imaxes