Escoitar

Caballero defende na FEMP que os municipios poidan endebedarse en 2011 para "gastos sociais e de educación"

O alcalde de Vigo e membro da Comisión Executiva da Federación Española de Municipios e Provincias foi o encargado de defender a proposta da FEMP, aprobada por todos os grupos políticos, para que os municipios poidan endebedarse en 2011 segundo o seu nivel de débeda e considerando que os gastos sexan prioritariamente sociais e educativos. Unha vez aprobada na Comisión, esta alternativa será elevada ao Goberno de España.

martes, 14 set 2010
1284466731femp1.jpg
O alcalde de Vigo e integrante da Comisión Executiva da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), Abel Caballero, foi hoxe martes o encargado de defender o acordo da entidade para solicitar ao Goberno de España capacidade financiera para os municipios en 2011 vía endebedamento.

O acordo, exposto na Comisión deste martes polo rexidor vigués, foi respaldado por todos os grupos políticos e propón ao Goberno de España que en 2011 os concellos poidan recurrir ao endebedamento sempre e cando "poida ser aplicado a gastos correntes, prioritariamente a gastos sociales e de educación", e atendendo ao nivel de débeda do municipio.

Segundo a declaración realizada pola ministra de Economía, Elena Salgado, semanas atrás, os concellos cun nivel de débeda inferior ao 75% poderán renovar as amortizacións do exercizo económico actual e agregalos ao financiamento de 2011. Vigo, cun nivel de débeda dun 19% -o máis baixo dos grandes concellos de España en réxime común-, entra nestes criterios e sumará en 2011 uns 10 millóns de euros ao orzamento.

Abel Caballero estimou que, de ser aprobada polo Goberno de España a proposta da Federación Española de Municipios e Provincias, Vigo poderá contar en 2011 cun orzamento municipal satisfactorio.
1284466731femp1.jpg
1284466737femp2.jpg
Descargar todas as imaxes

Máis información