Escoitar
No marco da Semana europea da mobilidade

O Concello de Vigo e o RACC presentan a campaña "Econducción" para promover unha mobilidade máis sostible

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o director de programas da Fundación RACC presentaron hoxe luns esta iniciativa pola que Vigo adhírese á promoción de hábitos e boas prácticas para minimizar o impacto ambiental dos automóbiles e estimular o aforro enerxético.O 86% dos españois móstranse preocupados polos temas de protección do medio ambiente, un 5% máis que o 2007. Aínda así existe unha marxe de mellora xa que máis da metade dos enquisados non estarían dispostos a comprar un vehículo ecolóxico se iso representa un incremento do prezo de compra.

luns, 13 set 2010
1284381710econduccion.JPG
Nesta liña de traballo, o RACC e o Concello de Vigo lanzan a campaña "Econducción: Por un uso máis racional do automóbil", a través do lema "Vigo practica a Econdución", que persegue corrixir os déficits de información e de formación detectados entre os condutores en relación ao impacto ambiental dos automóbiles.

Econducción nace cun triplo obxectivo: promover unha mobilidade máis respectuosa co medio ambiente, o uso do transporte público e as prácticas eficientes de condución. Econducción toma como punto de partida de que é urxente actuar, e facelo de forma coordinada. Todos temos responsabilidade en facer as nosas cidades máis verdes: a Administración, os fabricantes e os usuarios. Ata o día de hoxe, 11 cidades españolas xa se adheriron a esta campaña: Barcelona, Madrid, Selecta, Murcia, Ferrol, A Coruña, Málaga, Lugo, Xerez, Oviedo e Vigo.

Vigo practica a Econdución
O RACC e Concello de Vigo uniron esforzos para lanzar unha campaña de concienciación en prol dunha mobilidade máis sostible e respectuosa co medio ambiente, e que a nivel práctico consiste en:

ACCIÓNS

1-Mensaxe da campaña na rúa
En total haberá 60 mupis e rotularase a parte traseira de 3 autobuses coas mesaxes "Vigo practica a econdución" e as liñas "Móvete en transporte público sempre que poidas", "Vai a pé en traxectos curtos" e "evita acelerar e frear con brusquidade".

2-Adhesión á web www.econduccion.es con actuacións globais da campaña, consellos sobre a compra de vehículos ecolóxicos, documentación sobre automóbil e medio ambiente e espazos interactivos para fomentar unha mobilidade máis sostible entre os usuarios.
Descargar todas as imaxes