Escoitar

Xabier Alonso di que o Medio Maratón Cidade de Vigo ofrece un percorrido "para facer marca"

A segunda edición do Medio Maratón Cidade de Vigo xa está en marcha. O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, presentou hoxe o evento xunto co organizador, Omar Lorenzo, e os patrocinadores privados, Ibercaja e Coca-Cola. A carreira atlética, tamén pertencente ao Circuíto Cidade de Vigo de carreiras populares, está programada para o vindeiro día 26, con peche de inscrición o día 22. O prezo para participar será este ano de 10 euros e a organización, Prime Time, aspira a ter en liña de saída a uns 450 deportistas.

mércores, 15 set 2010
1284564738Maraton.JPG
"Creo que imos superar a cifra do ano pasado, grazas á resposta da primeira edición", dixo Lorenzo, "e a que é un circuíto cunhas características extraordinarias porque permite facer boas marcas xa que é un percorrido practicamente plano, sinalou Xabier Alonso. O percorrido vai dende o Náutico ata Bouzas dándose tres voltas.

Actualmente, a media maratón é "a única que discorre polas rúas da cidade", explicouse na presentación. Omar Lorenzo considerou importante que "a Vig-Bay crease unha cultura de atletismo para as carreiras de fondo" e asegurou que a proba viguesa ten capacidade para un tope de 1.000 atletas.

O edil nacionalista, pola súa banda, asegurou que a Concellería apoia as distintas opcións de probas que a xente ten en Vigo e felicitou a Ibercaja e Begano por apoiar o evento, "que é un beneficio para a sociedade". Dende as empresas patrocinadoras agradeceuse a aposta do Concello, Ibercaja (Daniel Gómez) recordou que tamén "está presente na Media Maratón de Madrid" e Begano (María Troncoso) aplaudiu o bo traballo do ano pasado, "porque os comezos son sempre moi difíciles", que permite consolidar esta segunda edición.

A inscripción pode facerse nas oficinas de Ibercaja e a través da web de Championchip (www.championchipnorte.com).
Descargar todas as imaxes