Escoitar

Caballero salienta "a toma das cidades por parte dos peóns" na presentación en Madrid da Semana Europea da Mobilidade

O alcalde de Vigo e presidente da Rede Española de Cidades polo Clima presentou hoxe xoves a Semana Europea da Mobilidade xunto coa ministra de Medio Ambiente, Elena Espinosa, e a titular de Sanidade, Trinidad Jiménez. Caballero resaltou a "revolución" que supón os novos espazos creados na cidade para os peóns e avogou pola potención do transporte colectivo, polas urbes policéntricas para facilitar o desprazamento a pé e pola mobilidade sostible, con proxectos como o coche eléctrico.

xoves, 16 set 2010
1284639753mobilidade.JPG
O alcalde de Vigo e presidente da Rede Española de Cidades polo Clima, Abel Caballero, destacou este xoves "a toma das cidades por parte dos peóns" na presentación en Madrid da Semana Europea da Mobilidade.

Caballero, quen participou no acto xunto coas ministras de Medioambiente e Sanidade, Elena Espinosa e Trinidad Jiménez respectivamente, defendeu modificar os nosos hábitos de transporte para evitar o cambio do clima e os gases efecto invernadoiro.

O alcalde avogou por potenciar e facilitar o transporte público nas cidades e por construir urbes policéntricas que eviten desprazamentos en coche e facilitándoos a pé. Sobre os peóns, Caballero salientou a "revolución" que supuxo as políticas de humanizacións na cidade, pois permite máis espazos para a cidadanía, redundando nunha maior calidade de vida.

O socialista estimou asemade que é preciso traballar en modelos de transporte alternativos, como o coche eléctrico -no que o Concello está traballando para que Vigo sexa cidade piloto en España na súa implantación-. Caballero definiu esta iniciativa como o "gran reto" para a reducción da emisións da gases á atmósfera.

Para conquerir estes obxectivos globais, Abel Caballero defendeu empregar a cooperación e a planificación global a todos os niveis e, en particular, entre as administracións públicas, locais, autonómicas e estatais.

SEM-2010
A Semana Europea da Mobilidade 2010 (SEM-2010) pretende animar aos cidadáns
europeos que viven nas áreas urbanas a moverse "con intelixencia": a pé, en bicicleta e
en transporte público.

Elixindo estes modos de transporte máis sostibles en lugar do vehículo privado os
cidadáns poden influír de forma positiva na súa saúde e benestar, mellorando ademais o
medio ambiente e a calidade de vida nas cidades para axudar aos demais a vivir mellor.

Dentro da SEM-2010, o Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño programou en colaboración cun Comité Científico Técnico distintas actividades e xornadas sobre os temas vinculados á saúde e otransporte, baixo os que se centra esta Semana, como carpas, exposicións, gymkanas, marchas en bicicleta, etc.
Descargar todas as imaxes