Escoitar

María Méndez anuncia que Vigo súmase á campaña "Fai ruído" polos obxectivos de desenvolvemento do milenio

A concelleira de Benestar Social, María Méndez, presentou hoxe a campaña de sensibilización que o Concello de Vigo está desenvolvendo en apoio á iniciativa "Fai ruído polos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio", coa que se pretende reclamar aos líderes mundiais que reforcen o seu compromiso na loita contra a probreza. "Ese ten que ser un obxectivo de todos e todas e especialmente agora porque a crise afecta máis aos países en desenvolvemento", afirmou a nacionalista.

venres, 17 set 2010
1284727691milenio.JPG
María Méndez explicou que se trata dunha campaña a nivel mundial que se realiza con motivo do Cumio das Nacións Unidas para os Obxectivos de Desnevolvemento do Milenio que terá lugar en Nova York do 20 ao 22 de setembro. "Desde Vigo tamén queremos sumarnos para lembrarlle aos xefes de Estado a súa promesa de combatir a probreza", sinalou.

A concelleira explicou que Vigo colabora con esta iniciativa con diferentes accións como foi a declaración institucional aprobada por unanimidade no pleno da corporación na que se instaba ao Goberno do Estado a presentar no Cumio da ONU un plan de rescate ambicioso con medidas concretas para cumprir os obxectivos do milenio. María Méndez dixo que a data límite que se puxera era 2015 pero estase aínda moi lonxe de acadalos.

A responsable de Benestar indicou que os obxectivos son erradicar a pobreza e a fame, lograr o ensino primario universal, promover a igualde de xénero, reducir a mortalidade infantil, mellorar a saúde materna, combatir o VIH/SIDA, asegurar un medio sostible e crear unha alianza global para o desenvolvemento.

Ademáis da declaración institucional a concelleira anunciou que se desplegou unha pancarta da fachada do Concello para simbolizar a solidariedade da cidade coa xente máis pobre e visibilizar diante da cidadanía ese compromiso. María Méndez apuntou que igualmente se lle fixo chegar a todos os traballadores e traballadoras municipais unha comunicación explicando os motivos da campaña.

Na presentación das actividades tamén estiveron David Viso e Alberto Gómez, membros do Consello Municipal de Cooperación desde onde se impulsa a campaña. David Viso indicou que a cinco anos da data límite para cumprir os obxectivos do mileno a crise non só ameaza con non avanzar na súa consecución, senon incluso con revertir os éxitos acadados. Explicou que xa se superou os mil millóns de persoas que viven na pobreza e, por iso, entende que "é máis urxente e máis necesario cumprir os obxectivo e máis en tempo de crise porque as persoas en situacións de vulnerabilidade serán as que peor o pasen".

Pola súa banda Alberto Gómez gabou o labor que está a desenvolver a prol da cooperación a concelleira de Benestar Social, non só polo incremento orzamentario que se ten producido coa súa xestión, senon tamén polo impulso que está a dar ao Consello Municipal de Cooperación. Alberto Gómez sinalou que ese apoio está a permitir desenvolver campañas de sensibilización como esta e anuncio que ata final de ano poranse en marcha outras iniciativas dirixidos tanto a centros escolares, como a entidades e á cidadanía en xeral para dar a coñecer a realidade das persoas que viven en situación de pobreza.
Descargar todas as imaxes