xoves, 23 set 2010
O alcalde visitou este xoves os traballos de acondicionamento e humanización dos xardóns de Pereiró e do acceso ao cemiterio, no que o Concello inviste 300.000 euros. Para o chamado día de difuntos a reforma estará rematada, apuntou Caballero, quen anunciou a execución para esa data dun plan de limpeza e acondicionamento de todos os cemiterios municipais.
xoves, 23 set 2010
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, convidará ao astronauta Soichi Noguchi, que fotografou Vigo desde a Estación Especial Internacional a coñecer a cidade. O responsable de Turismo salientou a importante promoción da cidade que o xaponés fixo coa súa iniciativa de difundir, o pasado mes de marzo, a través da rede unha imaxe da nosa cidade desde o espazo e quere agora ofrecerlle a oportunidade de coñecela. "Se lle gustou desde o espazo, máis lle gustará desde a terra", asegurou.
xoves, 23 set 2010
No marco dos XII Encontros de Normalización Lingüística organizados polo Consello da Cultura Galega o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo presentou hoxe un panel que recolle os programas de dinamización lingüística dirixidos á poboación infantil e xuvenil así como mostra de material que se achega aos participantes nas actividades dinamizadoras.
xoves, 23 set 2010
O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, inspeccionou o circuíto do parque de Castrelos, no que cada día centos de deportistas, tanto afeccionados como federados, corren pola pista forestal. A Concellería de Deportes dotou ao percorrido habitual dos atletas duns postes sinalizadores cada cen metros para balizar un circuíto dun quilómetro, o máis utilizado polos deportistas.