Escoitar

O alcalde ofrece "cooperación" municipal ao Porto e avoga por soterrar o tráfico de Bouzas e humanizar a superficie

Abel Caballero ofreceu hoxe xoves a súa "cooperación" ao Porto de Vigo para acometer melloras en Bouzas e apostou por ampliar a proposta portuaria coa construcción dun túnel que permita gañar a superficie para os veciños e conectar este co aparcadoiro soterrado que proxecta o Concello á altura da pérgola da vila. O alcalde asegurou que o mercado dos domingos -ubicado onde o Porto actuará- non volverá á Alameda Suárez Llanos e buscarase unha nova ubicación.

xoves, 23 set 2010
1285246224IMG_0170.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ofreceu hoxe xoves a "toda a cooperación" municipal para reformar a explanada de Bouzas, proxecto presentado onte pola Autoridade Portuaria e que o Concello defende ampliar coa construcción do túnel que posibilite a peonalización da superficie.

"O Porto ten que acometer o túnel de Bouzas", apostillou Caballero, como está previsto no Plan Especial do organismo, e este ten que "coordinarse" co aparcadoiro soterrado que o Concello proxecta á altura da pérgola de Jenaro de la Fuente. O alcalde non se opuxo ao acondicionamento dos xardíns pero avoga pola "gran acción que Bouzas merece".

"Creo que é o momento de abordar con ambición o túnel de Bouzas e a humanización de toda a superficie" do barrio vigués, apostillou Caballero, para o que o Concello ofreceu colaboración á entidade portuaria.

Mercadillo
Abel Caballero informou que hoxe xoves recibiu un escrito da Autoridade Portuaria plantexando o traslado do mercado dominical de Bouzas por mor das obras que prevé acometer. A este respecto, o alcalde ofreceu a "cooperación" do Concello na procura dun novo emplazamento -que "non vai ser fácil"- e asegurou que a feira non voltará en ningún caso á Alameda Suárez Llanos.

O alcalde afirmou que o mercado dominical está actualmente nunha "moi boa ubicación", acordada co Porto de Vigo e cos veciños e comerciantes, e é "moi importante" para a antiga vila mariñeira polo seu efecto no comercio da zona.
Descargar todas as imaxes