Escoitar

Tráfico suprime a rotonda experimental con Tarragona e ensaiará un novo modelo con "prioridade" para a circulación da Gran Vía

O alcalde, Abel Caballero, informou hoxe luns da decisión tras manter unha reunión cos técnicos municipais e constatar que a rotonda da Gran Vía, á altura de Tarragona e o centro comercial, non está a dar resultado. O Concello testará un novo sistema regulado por semáforos que dará maior prioridade aos vehículos que circulan pola Gran Vía sobre os accesos á mesma.

luns, 20 set 2010
1284987317IMG_0170.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este luns da decisión municipal de eliminar a rotonda provisional establecida na Gran Vía con Tarragona -que tamén daba servizo ao centro comercial- xa que non estaba a dar o resultado agardado, e anunciou un novo sistema experimental que dea prioridade aos vehículos que circulan pola Gran Vía.

Na mañá deste luns, o alcalde e os técnicos municipais do ramo constataron que esta medida experimental non mellora o tráfico rodado do entorno, polo que estúdase a incorporación dun novo sistema regulado por semáforos, tamén con carácter experimental.

Á falta da concreción da medida, o alcalde indicou que o novo modelo busca dar prioridade os vehículos que circulen pola Gran Vía, tanto en sentido descendente como ascendente, pero tamén permitirá facer o cambio de sentido e acceder á superficie comercial de Finca do Conde.

O alcalde explicou que manterase a decisión de cambiar o sentido de circulación á rúa Tarragona -agora ascendente- pois está a funcionar segundo o previso e axiliza os accesos ao centro sanitario e ao entorno de POVISA.
Descargar todas as imaxes