O Concello participará na promoción pola Península do Salón do Automóbil de Vigo no seu vixésimo aniversario
O alcalde, Abel Caballero, reuníuse este martes co Comité Organizador do Salón do Automóbil de Vigo, que en 2011 celebra o seu vixésimo aniversario, e garantíu a cooperación do Concello para publicitar a feira en España e no norte de Portugal. O obxectivo pasa por darlle "dimensión nacional" ao evento, apuntou Caballero.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, garantíu este martes a participación do Concello para promocionar en España e no norte de Portugal o Salón do Automóbil de Vigo, que en 2011 celebra o seu vixésimo aniversario.
Abel Caballero e o Comité Organizador do evento valoraron a edición de 2010, que superou lixeramente os visitantes do ano anterior, e comezaron a planificar a edición especial de 2011. O alcalde solicitoulles un proxecto no que traballar co obxectivo de darlle "dimensión nacional" á feira.
Segundo explicou, en 15 ou 30 días os organizadores presentarán ao alcalde o proxecto, no que o Concello involucrarase na súa promoción pola Península Ibérica cunha "subvención importante", afirmou.
Aparcadoiro de Peinador
Abel Caballero, na mesma comparecencia pública ante os medios de comunicación, confirmou que, "día máis día menos", o dous de outubro abrirase a primeira fase do novo aparcadoiro do aeroporto vigués, cunhas 800 prazas, que estarán así dispoñibles para a celebración de Conxemar o 5 do mesmo mes.
Descargar todas as imaxes