Escoitar

Caballero presenta con Luis Espada un estudo do Valedor sobre aparcadoiros disuasorios na cidade

O alcalde, Abel Caballero, e o Valedor do Cidadán, Luis Espada, presentaron este martes unha publicación dirixida polo profesor sobre aparcadoiros disuasorios na cidade. Sobre unha base dunhas 1.000 enquisas, o traballo reflicte o apoio cidadá á instalación destes en Vigo sempre e cando sexa gratuito e vixilado, e conte cunha alta frecuencia de autocares.

martes, 21 set 2010
1285071860espada.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o Valedor do Cidadá, Luis Espada, presentaron este martes o estudo analítico deste sobre aparcadoiros disuasorios na cidade.

Segundo explicou Espada, o libro conta con dúas partes diferenciadas, unha teórica sobre o análise destes espazos en España e Europa, as súas vantaxes e inconvintes, os puntos de desencontro e diverxencias...; e unha segunda asentada sobre a opinión duns 1.000 condutores que circulaban hacia Vigo.

A principal conclusión do traballo sociolóxico é que a cidadanía apoiaría os aparcadoiros disuasorios se estes son gratuitos e vixilados, e existe unha alta frecuencia de autocares que o conecten co centro da cidade.

As enquisas foron repartidas en seis puntos de entrada a Vigo, a distintas horas e en días diferentes da semana durante un periodo de catro meses. O Valedor cualificou de "tedioso pero necesario" este traballo e agradeceu a colaboración da cidadanía.

Abel Caballero eloxiou o "estudo científico ben elaborado" que presenta por primeira vez o profesor Espada e que proporciona ao Concello "coñecementos sólidos" sobre esta cuestión de cara ao futuro.

O alcalde indicou que o Plan Xeral contempla espazo para estes usos nas proximidades á estación de autobuses, no Parque Tecnolóxico, no aeroporto e no ámbito de Citroën; e proxecta estacións de intercambio de segunda orde no Meixueiro, en Ramón Nieto, Samil, Teis, Renfe, á altura do astaleiro Barreras en Beiramar e na zona da Lonxa viguesa.

Caballero explicou que, tal e como afirma o libro de Espada, na instauración dos aparcamentos disuasorios ten que involucrarse outras institucións, como a Xunta de Galicia, xa que trátase de transporte metropolitano.
Descargar todas as imaxes