O alcalde propón un "bypass" que una o actual emisario terrestre co submariño para garantir auga ao Morrazo no verán

venres, 1 abr 2011

Abel Caballero presentou esta proposta ao alcalde de Moaña, Xosé Manuel Millán, nunha entrevista mantida este venres, á que non quixo acudir a rexedora de Cangas. O rexedor vigués propuxo levar a auga potable polo actual emisario terrestre -evitando os 3 quilómetros da obra que quere facer a Xunta- para unilo co submariño mediante un "bypass" de 350 metros á altura de Baixada ao Espiñeiro. É a única opción para garantir auga ao Morrazo antes do verán, indicou.

Vigo substituíu máis de 21.000 metros de rede de abastecemento, saneamento e pluviais na cidade durante o último ano

O alcalde salienta a "calidade excepcional" da auga viguesa no balance de xestión de aqualia en 2010

xoves, 31 mar 2011

Caballero felicitou a aqualia polo seu traballo, sobre todo pola "dificultade" do abastecemento, xa que Vigo ten "a metade" de rede de abastecemento de auga que Madrid, pese a ter unha décima parte da poboación. O primeiro edil recordou que as humanizacións incluíron a renovación dos servizos soterrados. O balance de 2010 arroxa que cada vigués consume unha media de 133,14 litros/día, unha cifra por debaixo da media autonómica e estatal.

Entrega de premios da 8ª edición do concurso de debuxo de aqualia

O Concello e aqualia animan aos nenos a fomentar o consumo responsable da auga

martes, 22 mar 2011

Con motivo do Día Mundial da Auga, aqualia comparte cos máis pequenos a importancia de contribuír no aforro de auga adecuando os seus hábitos. No concurso participaron un total de 23 colexios de Vigo que presentaron máis de 800 debuxos. Un dos oito nenos premiados na nosa cidade resultou ser un dos dez gañadores individuais do concurso a nivel nacional

O goberno local aproba humanizacións de rúas por valor de 4,2 millóns de euros

martes, 21 dec 2010

O alcalde, Abel Caballero, informou este martes da Xunta de Goberno Local celebrada onte, e na que aprobáronse clasificacións de ofertas, aprobacións iniciais na práctica, de humanizacións de rúas por valor de 4,2 millóns de euros correspondentes ao orzamento de 2010. A reforma dos viais -como Oporto, Martínez Garrido ou Vázquez Varela entre outros- iniciarase a mediados de xaneiro aproximadamente.

O alcalde garante todos os recursos para arranxar a rúa Marqués de Valladares, que presenta risco de afundimento

xoves, 25 nov 2010

A céntrica rúa foi restaurada en 2006 pero xa presenta un afundimento "preocupante" nalgunhas zonas do pavimento e os técnicos municipais atoparon un buraco duns 20 metros de profundidade que obrigou a cortar Marqués de Valladares alomenos dúas semanas. "A humanización desta rúa foi extremadamente defectuosa", asegurou Caballero, pois non se renovaron as canalizacións soterradas, que datan de 1920, segundo estiman os técnicos.

O Concello continúa co proceso de humanizacións en toda a cidade

O goberno local inviste 50.000 euros no arranxo e humanización da Avenida do arquitecto Palacios

martes, 23 nov 2010

O Concello está a cortar a maleza, limpando cunetas, desatascando as arquetas e realizando un varrido automático para mellorar o aspecto do vial e para incrementar a seguridade do mesmo. Na mediana ademais de levar adiante a plantación de árbores, plantas e a introdución de áridos implementarase unha reparación integral e un sistema de rego para o seu mantemento.

O Concello inviste 850.000 euros en alquiler de maquinaria para dar un servizo "mellor, máis rápido e máis eficaz"

venres, 24 set 2010

O alcalde, Abel Caballero, informou hoxe venres da adxudicación por parte da Xunta de Goberno Local do aluguer de maquinaria para o servizo de Vías e Obras do Concello, 850.000 euros para bombas de drenaxe, mangueiras, carretillas, hidrolimpadoras... que permitirá "potenciar e mellorar" as actuacións do Concello nos viais da cidade, sinalou Caballero.

Caballero destaca na visita a Pi y Margall o estado "calamitoso" do sistema de saneamento e abastecemento

martes, 10 ago 2010

O rexedor amosou as antigas canles e afirmou que en todas as humanizacións da cidade estáse a proceder á separación de pluviais e fecais con novas canalizacións e un novo sistema de saneamento. Abel Caballero definiu o estado actual coma unha "calamidade" en térmos medioambientais. O Concello está a investir nesta humanización 3 millóns de euros co cargo á segunda fase do "plan Zapatero".