Escoitar

Caballero visitou a humanización de Martínez Garrido na que se invisten 2.250.000 euros

Cun investimento de 2.250 euros, o Goberno municipal está executando as obras de humanización de Martínez Garrido, que se estenderán entre Ramón Nieto e a rúa Mideiros. Trátase, en verbas do rexedor, dunha das grandes de zonas de humanización de Vigo".

xoves, 2 ago 2012
1343911200humanizacion.jpg
O alcalde de Vigo visitou hoxe xoves a rúa Martínez Garrido na que o Goberno está a acometer obras de humanización cun investimento de 2.250 euros. O prazo de execución é de 18 meses e a anualidade deste ano ascende a 750.000 euros, mentres os 1.500.000 restantes corresponden a 2013. A obras desta rúa, de algo máis dun kilómebro, inclúen a renovación de redes subterráneas, maiormente tuberías de fibrocemento, que estaban a punto de ser reventadas pola presenza das raíces das árbores da zona.

Na súa comparecencia cos medios, Caballero explicou que se estaban a prantar o mesmo número de árbores que había e que os que se retiraron foron reprantados en Coruxo. Asimesmo, indicou, colocaranse máis de medio centenar de papeleiras, farolas, bancos e xardineiras.
Descargar todas as imaxes