Os Resentidos e Siniestro Total clausuran este venres o festival "Son de Vigo"
A axenda continúa repleta de eventos pertencentes ás Festas de Verán, que organiza o Concello de Vigo, máis aínda cando estamos ás portas de comezar a semana grande. Os Resentidos, Siniestro Total, a Coral Casablanca ou os folclóricos Kämuk e Suvenir son as actuacións para este 3 de agosto.
A Coral Casablanca dará hoxe, por segundo día consecutivo, un concerto no Auditorio Mar de Vigo para todos os afortunados que desexan presenciar en directo as marabillas melódicas da Coral. A demanda de entradas superou con creces ás dispoñibles para a única actuación que estaba programada, sendo esta a razón de que poidamos gozar deles hoxe de novo. Co cartel de billetes esgotados dende fai días, espérase repetir o éxito de onte, tanto a nivel de asistencia como de satisfacción do público que de seguro encherá o auditorio.
Tamén a oferta cultural nos trae o Festival Folclórico Internacional, que arranca este día 3 e prolongarase ata o día 8 do agosto, sendo mañá sábado o acto central que reunirá a tódalas bandas estranxeiras que amenizarán á cidade durante unha semana. Para abrir a veda folclórica, actuarán hoxe o grupo costarriqueño Kámuk e o conxunto de danza popular rusa Suvenir, ambos no Auditorio da AVCU-CSCR de Beade, ás 21.30 h.
Para finalizar o calendario do día, e seguindo a orde cronolóxica, Son de Vigo desprázase ao Auditorio de Castrelos este venres ás 23 h. reunindo a dúas bandas fundamentais para entender non só a música desta cidade, senón a cidade en sí mesma. Tres décadas despois de asomar as súas cabezas á movida, Siniestro Total e Os Resentidos poñen o peche ao festival nun concerto único neste verán, un espectáculo que sen ningunha dúbida congregará a milleiros de persoas nun auditorio, o de Castrelos, afeito a encherse cada verán por estas datas.
AXENDA
Concerto da CORAL CASABLANCA no Auditorio "Mar de Vigo" ás 21 h
Actuación de KÄMUK e SUVENIR no Auditorio da AVCU-CSCR de Beade ás 21.30 h
"SON DE VIGO": OS RESENTIDOS e SINIESTRO TOTAL Auditorio de Castrelos ás 23 h