Escoitar

Caballero visitou a humanización de Doctor Canoa, cun investimento de 215.000 euros

O goberno de Vigo continúa coa mellora das rúas e prazas da cidade e, nesta ocasión, o alcalde, Abel Caballero, e o concelleiro de Fomento, David Regades, acudiron á apertura da humanización acometida en Doctor Canoa, no tramo entre a Travesía de Vigo e a rúa Numancia, e anunciou a decisión de facer unha segunda fase.

mércores, 18 xul 2012
1342612696canoa.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, subliñou que a reforma realizada inclúe melloras na superficie e nas redes de servizos soterradas, pois cambiouse as conducións de saneamento e abastecemento de auga. Destacou o primeiro edil que o resultado é "como as mellores humanizacións de Vigo", recordando que esta rúa estaba "absolutamente marxinada".

O alcalde indicou que, durante a visita, o goberno local decidiu acometer unha segunda fase da humanización desta rúa para continuar coas melloras no entorno da Travesía de Vigo, onde o Concello reforma actualmente Baixada Mestre Chané.

Cun investimento de 215.000 euros e un prazo de execución de dous meses, o Concello de Vigo reformou un total de 110 metros de lonxitude do tramo da rúa, 1.250 metros cadrados de superficie en Doctor Canoa dos que 800 son agora beirarrúas de pedra natural.

A mellora inclúe, como ben sendo habitual nas humanizacións executadas polo goberno local, a transformación da superficie, coa renovación do arborado, dos puntos de luz, novos bancos e papeleiras. Abel Caballero apuntou que a cidadanía viguesa continúa a solicitarlle humanizacións de rúas e indicou que "queremos que a cidade nos acompañe" neste proceso de mellora da cidade.
Descargar todas as imaxes