O Concello oferta este verán actividades saudables e asesoramento nutricional nas praias
O alcalde, Abel Caballero, presentou este martes en Samil as actividades do Plan Saúde municipal para o verán, nas praias de Samil, O Vao e na ETEA. De balde e sen inscripción previa, o goberno local oferta ximnasia de mantemento, aerobic, medicións antropométricas e obradoiros de cociña saudable para os usuarios.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, visitou hoxe martes xunto á concelleira de Xuventude, Chus Lago, o areal de Samil para presentar as propostas saudables que oferta o Concello no marco do Plan Saúde municipal, de balde e sen precisar inscripción previa, que inclúen actividades físicas, asesoramento nutricional e obradoiros de cociña saudable.
O goberno local propón á cidadanía actividade física saudable, como ximnasia de mantemento e aerobic con monitor os luns, mércores e venres na pista de patinaxe de Samil, os martes na zona verde de O Vao e os xoves na pista deportiva xunto á praia da ETEA, en todos os casos en horarios de 10:30 a 11:30 e de 20 a 21 horas.
O programa municipal Síntome Ben ofrece medicións antropométricas e asesoramento técnico en nutrición e actividade física, en sendas carpas instaladas os xoves de xullo e agosto, xunto á pista de patinaxe de Samil, de 10:30 a 19 horas, e os martes de agosto na ETEA, no mesmo horario.
En terceiro lugar, os obradoiros municipais de cociña saudable inclúen unha explicación práctica e montaxe de pratos saudables, con degustación e entrega de fichas con menús. Os que queiran participar poden facelo os xoves de xullo e agosto na pista de patinaxe de Samil e os martes de agosto na pista deportiva da ETEA, de 10:30 a 13:30 horas.
Descargar todas as imaxes