venres, 23 dec 2011
A Xunta de Goberno Local validou este venres a clasificación de ofertas das obras de humanización de Doutor Marañón, Pintor Colmeiro, Menéndez Pelayo, Brasil, as segundas fases de Ramón Nieto, Aragón e Martínez Garrido, Nicaragua e un pequeno treito da Avenida Castelao, a iniciar nun prazo aproximado de dous meses. Caballero resaltou que "queremos seguir facendo humanizacións en todo Vigo porque é o que a cidade demanda e é o noso compromiso político e electoral con esta cidade".
xoves, 22 dec 2011
As obras de Severino Cobas estarán rematadas en seis meses, o que permitirá unir a Avenida de Madrid coa Doblada e con zonas de Lavadores e Cabral, segundo explicou esta mañá o alcalde. Este "vial estratéxico" conta cun orzamento de execución de 3,5 millóns de euros, máis outros 3 de expropiacións.
martes, 15 nov 2011
O alcalde estivo presente este martes na visita realizada por técnicos do saneamento de Pequín ao servizo municipal de augas de Vigo, nas instalacións de Aqualia na rúa Cantabria. A delegación chinesa puido coñecer de primeira man os pormenores da xestión viguesa da auga e puxeron en común cos responsables vigueses o deseño e as ferramentas empregadas no saneamento.
venres, 4 nov 2011
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou dos acordos adoptados hoxe na Xunta de Goberno Local, onde aprobouse a tramitación para adxudicar, antes de finalizar o ano, humanizacións de rúas por máis de 15 millóns de euros, ademáis de adxudicar definitivamente a reforma en tres fases de Severino Cobas, cun investimento de 3,5 millóns de euros. Caballero defendeu as humanizacións como embelecedoras da cidade e xeradoras de postos de traballo.
venres, 28 out 2011
A Xunta de Goberno Local deu este venres luz verde á contratación da urbanización da rúa Severino Cobas, composta por tres fases que iniciaranse ao mesmo tempo cun orzamento de 3,5 millóns. Abel Caballero tamén informou do acordo adoptado polo goberno de Vigo que permite a apertura do aparcadoiro soterrado de Areal e da humanización en superficie.
xoves, 27 out 2011
Abel Caballero eloxiou este xoves o dispositivo de emerxencia municipal disposto ante a alerta laranxa da tarde de onte, que deixou en Vigo 97,4 litros por metro cadrado de precipitacións causando inundacións polo desbordamento do Lagares, en Julián Estévez e en Areal principalmente. O alcalde indicou que a cidade e as humanizacións comportáronse "francamente ben" e apuntou que o encoro de Eiras incrementou 20 puntos a porcentaxe de volume embaslada.
mércores, 26 out 2011
As choivas rexistradas nos últimos días na cidade elevaron do 41,7 ao 46,02% o volume de auga embalsada en Eiras, o encoro que da servizo a Vigo, o que "alivia" a situación do abastecemento pero non invalida as medidas de emerxencia e consumo responsable adoptadas polo goberno de Vigo. Abel Caballero asegurou que, nestes días de precipitacións, a cidade gañou 10 días de consumo.
luns, 17 out 2011
Abel Caballero anunciou este luns a convocatoria dunha Xunta de Goberno Local para solicitar da Xunta de Galicia "oficialmente a declaración de zona de atención inmediata e preferente" do abastecemento de auga de Vigo, e enviará un requerimento para que constrúa a conexión de emerxencia entre a unión dos rios Verdugo e Oitavén coa rede viguesa. A situación é "preocupante" e en dúas ou tres semanas podería notarse unha merma na calidade da auga.
venres, 14 out 2011
Abel Caballero informou este venres da saída a concurso dos proxectos de humanización das rúas Nicaragua, Menéndez Pelaio, Doutor Marañón e as segundas fases de Aragón e Martínez Garrido, sumando un importe total de 10,8 millóns de euros. O alcalde defendeu as humanizacións como "modelo de cidade sostible", xeradoras de economía e creadoras de "miles de postos de traballo".
venres, 14 out 2011
O alcalde manifestouse en "absoluto desacordo" coa decisión do goberno autonómico de non construir a conexión de emerxencia entre a confluencia dos ríos Verdugo e Oitavén coa condución de auga de Vigo. Caballero recordou que o encoro de Eiras atópase no 44,3% da súa capacidade e por debaixo do 35% "a calidade do auga vai empezar a diminuir de forma visible". O consumo actual é de medio punto por día.