O Concello ten unha decena de humanizacións en marcha e iniciará outras tres "en dúas ou tres semanas"
O alcalde informou hoxe mércores de que están iniciados os traballos de humanización de Nicaragua, Brasil, Aragón, Pintor Colmeiro, Martínez Garrido, Ramón Nieto, Doctor Marañón, Menéndez Pelayo, Enrique Lorenzo e Areal, e anunciou que "en dúas ou tres semanas" comezarán as reformas de Canceleiro, Camelias e a Praza da Miñoca.
Xunto ás melloras dos viais xa en marcha, o alcalde indicou que tamén están iniciados traballos no polideportivo de Candeán, en parques infantís e biosaudables da cidade, na escola infantil municipal de Mestres Goldar e na ETEA, ademais de estar instalando o Concello novo mobiliario nos colexios e preparando os proxectos das futuras escolas infantís de Lavadores e Navia.
Abel Caballero anunciou que "en dúas ou tres semanas" está previsto o comezo dos traballos na rúa Canceleiro, na Avenida das Camelias e na Praza da Miñoca, e para novembro iniciaranse as melloras de Tomás Alonso, Moaña, Pontevedra, Baixada a Mestre Chané e no paseo de Bouzas.
Pendentes de contratación para final de ano quedarán a reforma do Mercado do Berbés -que acompañará á obra no Mercado do Progreso-, o Centro Cívico da Miñoca, a pista deportiva de Castrelos e distintas melloras nos parques de O Castro, Castrelos, A Guía e Rivera Atienza.
Descargar todas as imaxes