xoves, 11 out 2012
Despois do acordo anunciado por Rajoy tras unha reunión co seu homólogo francés, Abel Caballero inficou que esta infraestrutura é "importantísima" para a "competitividade" do tecido industrial vigués, particularmente da automoción, polo que ofertou "todo o que necesiten" para o seu inicio efectivo.
xoves, 11 out 2012
O alcalde anunciou hoxe xoves a aprobación pola Xunta de Goberno Local do acordo acadado coa Universidade Nacional de Educación A Distancia para a apertura dun aula na cidade, sede que está sufragada na súa totalidade polo Concello. Caballero agarda que a apertura, que depende agora da UNED, sexa "o antes posible".
xoves, 11 out 2012
O alcalde acudiu hoxe xoves ao Colexio Losada, un dos primeiros centros nos que a Policía Local imparte educación viaria no novo curso. Os axentes realizan unha laboura de formación, información e prevención ao alumnado de distintas idades de numerosos colexios vigueses.
xoves, 11 out 2012
Espazo EMAO a Sala de exposicións da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo inaugura o día 11 "Conexión inexplicable", proxecto común entre a fotógrafa finlandesa Maria Kärkkäinen e a artista española Antía Sánchez.
xoves, 11 out 2012
O xoves, 11 de outubro, a Fundación Laxeiro inaugura a exposición titulada Niebla do artista Din Matamoro (Vigo, 1958), dentro do ciclo Entre mares que posibilita un intercambio anual de propostas mediterráneas e atlánticas entre Collblanc, Espai d’art de Castelló e a Fundación Laxeiro de Vigo.
xoves, 11 out 2012
A partir de mediados de outubro, o departamento educativo do MARCO reinicia a súa programación habitual para escolares, así como as actividades para público familiar de fin de semana, que nesta nova tempada contan coa especial colaboración de DKV Seguros Médicos, empresa que, a través do seu programa ‘Arteria’, impulsa a innovación e a creatividade a través da arte. Grazas a este patrocinio, os talleres infantís de fin de semana no MARCO volverán ser gratuítos para público infantil e adultos acompañantes.