Escoitar

O goberno local valida o convenio que permitirá a apertura da aula da UNED en Vigo

O alcalde anunciou hoxe xoves a aprobación pola Xunta de Goberno Local do acordo acadado coa Universidade Nacional de Educación A Distancia para a apertura dun aula na cidade, sede que está sufragada na súa totalidade polo Concello. Caballero agarda que a apertura, que depende agora da UNED, sexa "o antes posible".

xoves, 11 out 2012
Abel Caballero informou este xoves da aprobación polo goberno local do convenio a suscribir coa UNED para a futura apertura dunha aula en Vigo, que estará situada no Casco Vello.

Segundo explicou, o acordo inclúe o sistema de designación do coordinador da sede viguesa -a designar pola Universidade unha vez oído o Concello de Vigo-, unha comisión de seguemento paritaria que poderá ser convocada por calquera das partes e unha sede xurisdiccional para toda a provincia.

"Hoxe o Concello da o visto bo definitivo á aula da UNED de Vigo", certificou o alcalde, quen apuntou que a cidade leva décadas agardando por esta dotación educativa que dará servizo a miles de persoas.