O Concello recibe o aval xudicial á súa actuación en Finca do Conde e nas naves de Comercio
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou hoxe xoves dos asuntos abordados pola Xerencia de Urbanismo, onde se deu conta de dúas sentencias xudiciais que desestiman sendos recursos de ING sobre as licenzas de Finca do Conde e do Porto de Vigo sobre a paralización das obras nas naves de Comercio.
Abel Caballero indicou que ING Real State presentara un recurso reclamando a concesión das licencias de obras e instalación do centro comercial en Finca do Conde por silencio administrativo, desestimado polos xulgados. O Porto de Vigo, pola súa banda, recurriu -e veu denegada polos tribunais- a decisión municipal de iniciar un expediente por infracción urbanística que levou á paralización das obras nas naves de comercio.
"Continúa o suma e segue de sentencias urbanísticas favorables ao Concello de Vigo", asegurou o alcalde de Vigo, quen saudou que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ratificase a legalidade da actuación do goberno vigués nestas dúas cuestións.
Por outra banda, Abel Caballero explicou que a sesión da Xerencia de Urbanismo celebrada este xoves deu luz verde á concesión de 81.000 euros para a rehabilitación de sete vivendas en dous edificios sitos na rúa Alta e na Real.
O Consello da Xerencia tamén deu conta da concesión de 31 licenzas de obras e outras catro de actividade para un investimento de 815.000 euros. Destacou o alcalde a petición a Medioambiente dun "informe escrupuloso" sobre a solicitude de licenza, presentada por Repsol, para almacenar betún nas súas instalacións de Guixar.