Escoitar

O alcalde oferta a cooperación do Concello para a posta en marcha da Autopista do Mar de Vigo

Despois do acordo anunciado por Rajoy tras unha reunión co seu homólogo francés, Abel Caballero inficou que esta infraestrutura é "importantísima" para a "competitividade" do tecido industrial vigués, particularmente da automoción, polo que ofertou "todo o que necesiten" para o seu inicio efectivo.

xoves, 11 out 2012
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, valorou hoxe xoves de "fantástico" o desbloqueo anunciado polo presidente do Goberno de España, Mariano Rajoy, da Autopista do Mar de Vigo, "se é certo que vai adiante".

Abel Caballero recordou que foi na súa etapa á fronte da Autoridade Portuaria de Vigo, de 2005 a 2007, cando o Porto propuxo a Autopista do Mar ao goberno central, polo que ve "importantísima" a súa posta en marcha para a "competitividade" da economía e industria de Vigo, singularmente para os tráficos de PSA Peugeot Citroën.