Escoitar

O alcalde cifra en 1,4 millóns as achegas municipais para comedor escolar e censura o "recorte" da Xunta

Abel Caballero alertou hoxe mércores do "gravísimo problema" xerado polo "brutal" recorte da Xunta de Galicia nas bolsas de comedor escolar nos colexios de Vigo, que caeron de 314.000 a 131.000 euros. O rexedor indicou que o goberno local incrementou un 11% os alumnos beneficiarios e avanzou que "vai ter que ser o Concello o que cubra a deficiencia da Xunta de Galicia".

mércores, 10 out 2012
1349881827alcalde2.jpg
O alcalde explicou que o recorte da Xunta de Galicia na materia "prácticamente dividen por tres os recursos para bolsas de comedor de nenos e nenas dos colexios de Vigo", caendo de 314.000 a 131.000 euros.

Pola contra, o Concello de Vigo incrementou este ano un 11% o número de alumnos e alumnas beneficiarios desta achega municipal, ao igual que fixeron as asociacións de pais e nais. O goberno local, segundo apuntou Caballero, adica 1,4 millóns de euros para bolsas de comedor escolar: "Vai ter que ser o Concello o que cubra a deficiencia da Xunta de Galicia".

O alcalde de Vigo concluíu afirmando que "desde o goberno municipal non imos permitir que ningún neno se quede sen a súa bolsa de comedor por este recorte brutal da Xunta de Galicia".

Banco de Alimentos
Relacionado con materia asistencial e de benestar, Caballero recordou que o goberno de Vigo incrementou as achegas para o Banco de Alimentos este ano, multiplicando a partida por cinco ao pasar de 8.000 a 43.000 euros. O alcalde recordou que será o Concello de Vigo o que sufrague o custe da nova e maior sede que precisa a entidade para satisfacer a demanda.
Descargar todas as imaxes