Escoitar

Este sábado reinícianse no MARCO os obradoiros infantís de fin de semana

A partir de mediados de outubro, o departamento educativo do MARCO reinicia a súa programación habitual para escolares, así como as actividades para público familiar de fin de semana, que nesta nova tempada contan coa especial colaboración de DKV Seguros Médicos, empresa que, a través do seu programa ‘Arteria’, impulsa a innovación e a creatividade a través da arte. Grazas a este patrocinio, os talleres infantís de fin de semana no MARCO volverán ser gratuítos para público infantil e adultos acompañantes.

xoves, 11 out 2012
1349953278marcofrontis.jpg
‘MISIÓN BALEA (acción!)’ é o nome xenérico do programa educativo que se desenvolverá en paralelo á exposición ‘A BALEA NEGRA’, a mostra conmemorativa do 10º Aniversario do MARCO, que ocupa as salas da planta baixa dende outubro de 2012 ata marzo de 2013. O programa saca partido da presenza das obras en salas, e das múltiples posibilidades educativas que ofrece esta exposición.

Os obradoiros estan destinados ao público infantil a partir de 3 anos, sós ou acompañados de persoas adultas e terán lugar nas salas de exposición e no ‘Laboratorio das Artes’ (1º andar), os
sábados e domingos, de 12.00 a 14.00.

A entrada libre e gratuíta ata completar un máximo de 40 participantes por sesión. A hora límite de entrada é ás 12.15 Máximo 3 nenos por adulto

Posibilidade de reservas por adiantado para grupos, ata un máximo de 15 participantes por día, no tel. 986 113900 (ext. 307) / 113903
Descargar todas as imaxes